Suso Díaz Seoane, nado o 15 de xullo en Suíza en 1971 e finado en Ourense o 12 de outubro de 2010, foi un actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico, director e autor teatral galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Infotaula de personaSuso Díaz Seoane
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata
Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 2010 Editar o valor en Wikidata (38/39 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0246744 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Suso Díaz estivo vinculado a Sarabela Teatro dende 1988 ata o seu falecemento, e con este grupo de Ourense desempeñou diversos labores teatrais, pero fundamentalmente o de escenógrafo, iluminador, actor e deseñador gráfico. Colaborou tamén como docente na Aula Universitaria de Teatro de Ourense, e contribuía á organización da Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) e a Mostra de Teatro Infantil (MOTI), desenvolvidas por Sarabela Teatro en Ourense.

En 2006 cofundou a compañía La Imagina Machina, coa que dirixiu montaxes como A viaxe de Efi [1] autor Suso Díaz (2006) e Ubú Rei, de Alfred Jarry (2008)[2].

O 10 de novembro de 2011 estréase o SUFESTIVAL[3] no Teatro Principal de Ourense, máis de medio centenar de artistas reuníronse para homenaxear a Suso Díaz un ano despois do seu falecemento.

Montaxes

Galardóns

Obtivo 7 premios María Casares:

Vida persoal

Non se fixeron públicas as causas da súa morte[4]. Foi soterrado no camposanto de Pazos de San Clodio, en San Cibrao das Viñas. Instalouse a súa capela ardente no Auditorio de Ourense.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.