sociólogo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Talcott Parsons, nado en Colorado Springs o 13 de decembro de 1902 e finado en Múnic o 8 de maio de 1979, foi un sociólogo estadounidense da tradición clásica, coñecido pola súa teoría da acción social e o funcionalismo estrutural. Está considerado unha das figuras máis influentes da socioloxía do século XX.[1] Logo de obter un doutoramento en economía, serviu como profesor no claustro da Universidade Harvard entre 1927 e 1929. En 1930 foi un dos primeiros profesores do novo departamento de socioloxía.[2] Posteriormente, foi clave na creación do Departamento de Relacións Sociais de Harvard.
Baseada en datos empíricos, a teoría da acción social de parson foi a primeira teoría ampla, sistemática e xeralizable de sistemas sociais desenvolvida nos Estados Unidos ou Europa.[3] Algunhas das maiores contribucións de Parsons á socioloxía no mundo anglófono foron as súas traducións das obras de Max Weber e as súas análises de traballos de Weber, Émile Durkheim e Vilfredo Pareto. A obra destes autores influíu fortemente na visión de Parsos e foi o fundamento da súa teoría da acción social. Parsons observou a acción voluntaria a través da lente dos valores culturais e das estruturas sociais que limitan as escollas e finalmente determinan todas as accións sociais, como contraposición ás accións que están determinadas en base a procesos psicolóxicos internos.[3]
Aínda que Parsons está considerado xeralmente un funcionalista estrutural, cara á fin da súa carreira, en 1975, publicou un artigo que afirmaba que "funcional" e "funcionalista estrutural" eran formas inapropiadas de describir o carácter da súa teoría.[4]
Dende a década de 1970, unha nova xeración de sociólogos criticou as teorías de Parsons como socialmente conservadores e os seus escritos como innecesariamente complexos. As clases de socioloxía dedicaron menos énfase ás súas teorías que no cumio da súa popularidade, dende os corenta aos setenta. Porén, posteriormente houbo un rexurdimento do interese nas súas ideas.[2]
Parsons foi un gran defensor da profesionalización da socioloxía e da súa expansión polos círculos académicos estadounidenses. Foi elixido presidente da American Sociological Association en 1949 e foi o seu secretario de 1960 a 1965.
Entre as décadas de 1940 e 1970, Parsons foi un dos máis famosos e influentes, aínda que tamén máis controvertidos do mundo, particularmente nos Estados Unidos.[2] O seu traballo posterior recibiu crtíticas e foron en xeral rexeitados porque se consideraba que as súas teorías eran demasiado abstractas, inaccesíbeis e socialmente conservadoras.[2][5]
Posteriormente, incrementouse o interese nas ideas de Parsons e especialmente volveuse á vista ás súas últimas obras.[1] Intentos de revivir o seu pensamento foron levados a cabo por sociólogos parsonianos e científicos sociais como Jeffrey Alexander, Bryan Turner, Richard Münch e Roland Robertson. Uta Gerhardt escribiu sobre Parsons dende unha perspectiva biográfica e histórica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.