arte de lidar touros From Wikipedia, the free encyclopedia
A tauromaquia (do grego ταῦρος, touro, e μάχομαι, loitar) é a práctica de lidar touros, tanto a pé como dacabalo.
A súa expresión máis moderna e elaborada é a tourada ou corrida de touros, un espectáculo que naceu en España no século XII e que se practica tamén en Portugal, sur de Francia e en diversos países de Hispanoamérica, como México, Costa Rica, Colombia, Perú, Venezuela, Ecuador, Panamá e Bolivia. É tamén espectáculo de exhibición en China, Filipinas e Estados Unidos. As corridas de touros espertaron vivas polémicas desde os seus mesmos comezos entre partidarios e detractores.
En sentido amplo, a tauromaquia inclúe ademais todo o desenvolvemento previo ao espectáculo como tal, desde a cría do touro á confección da vestimenta dos participantes, ademais do deseño e publicación de carteis e outras manifestacións artísticas ou de carácter publicitario, que varían de acordo aos países e rexións onde a tauromaquia é tradicional.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tauromaquia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.