Costa Rica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Costa Rica,[1] oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[2]
O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[3] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[3] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[4]
Remove ads
Historia
- Artigo principal: Historia de Costa Rica.
Período precolombiano
Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[5]
A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[6] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[7]
O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.
Remove ads
Xeografía
- Artigo principal: Xeografía de Costa Rica.

Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co océano Pacífico. A Illa do Coco, no océano Pacífico, pertence a Costa Rica.
Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.
Remove ads
Goberno e política
- Artigo principal: Política de Costa Rica.
Poderes do Estado

- Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010)
- Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010)
- Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010)
- Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente
- Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.
- Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.
Partidos Políticos
Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:
Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e
Partido Acción Cidadá (PAC, centro).
Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.
Exército
En 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.[8]
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Costa Rica.
A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.
Remove ads
Economía
- Artigo principal: Economía de Costa Rica.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
A moeda de Costa Rica é o colón. 1 euro equivale a 578.72 colones.[9]
Demografía
- Artigo principal: Demografía de Costa Rica.
As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).
Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.
A principal relixión é o catolicismo.
O español é a lingua oficial.
Cultura
- Artigo principal: Cultura de Costa Rica.
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads