From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha taxa alfandegueira[1] ou arancel é o imposto ou gravame que se aplica aos bens, que son obxecto de importación ou exportación. O máis estendido é o que se cobra nas importacións, mentres os aranceis sobre as exportacións son menos correntes, tamén poden existir aranceis de tránsito que gravan os produtos que entran nun país con destino a outro. Poden ser "ad valorem" (ao valor), coma unha porcentaxe do valor dos bens, ou "específicos" coma unha cantidade determinada por unidade de peso ou volume. Cando un buque arriba a un porto aduaneiro, un oficial alfandegueiro inspecciona o contido da carga e aplica un imposto de acordo coa taxa estipulada para a clase de produto. Por mor a que os bens non poden ser nacionalizados (incorporados á economía do territorio receptor) até que non sexa pagado o imposto, é un dos impostos máis sinxelos de recadar, e o custo da súa recadación é baixo. O contrabando é a entrada, saída e venda clandestina de mercadorías sen satisfacer as correspondentes taxas alfandegueiras.
A instauración de aranceis responde á idea de que o comercio internacional, ben de xeito xenérico ou só nalgúns casos, produce efectos negativos na economía dun país. Dende o punto de vista económico, a importación de bens despraza a produción do interior do país, co que poden existir traballadores que perdan os seus postos de traballo. Outro tipo de argumento é o déficit que pode provocar na balanza de pagamentos por mor ás importacións.
Os pensadores económicos clásicos (Adam Smith, David Ricardo, John Stuart Mill), estiveron en contra das restricións ao comercio internacional; argumentaban que as barreiras creaban distorsións no sistema económico.
Só hai 3 tipos de taxas alfandegueiras, os ad-valorem , os específicos e mailos mixtos.
Os efectos fundamentais que provoca un arancel á importación, na economía dun país son os seguintes:
O arancel óptimo é aquela taxa que maximiza o benestar ou a utilidade dun país. O argumento deste arancel baséase na idea de que cando un país grande establece un arancel sobre as importacións dun determinado produto "AA", este arancel provoca unha redución da demanda mundial e unha diminución do prezo mundial do ben AA. O país que importa terá un volume menor de comercio mais a prezos máis favorábeis. O óptimo será o punto onde as ganancias da melloría dos termos de importación se igualen ás perdas consecuencia do menor volume de cantidade importada. Este argumento só é válido para países grandes, cuxa demanda sexa capaz de influír no prezo mundial dun produto.
O arancel óptimo representa un argumento seguro en favor dos aranceis, que provoca un empobrecemento dos países veciños, co que o perigo radica nas represalias dos demais países que poderían tomar medidas semellantes. En última instancia esta situación non podería mellorar o benestar económico mundial nin o individual.
Determinadas posturas están de acordo en que un mundo de libre comercio é a mellor solución ao comercio internacional, porén indican que no estado actual da economía, mentres que haxa países que limiten as importacións ou discriminen os produtos estranxeiros, non existe outro remedio que empregar o mesmo xogo para se defender. Estarase de acordo co libre comercio mentres se empreguen a mesmas condicións en todos os países.
Este argumento non está ben fundamentado, cando un país eleva os seus aranceis, ten un efecto semellante a que se elevaran os seus custos de transporte. Atoparíase un símil para o feito de que se un país decidira frear o seu comercio minando os seus portos, os demais non deberían tomar a mesma decisión; de igual xeito se un país decide reducir a súa actividade económica impoñendo aranceis sobre as súas importacións, non sería sensato que os demais seguisen ese mesmo comportamento. Os estudos históricos amosan que as taxas alfandegueiras de represalia acostuman levar a outros países a elevar aínda máis os seus e que raras veces constitúen unha arma de negociación eficaz para a redución multilateral dos aranceis.
Para defender unha economía dos posíbeis efectos negativos do comercio internacional pódense utilizar os aranceis e tamén outro tipo de barreiras non arancelarias coma son:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.