![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/Pollicipes_pollicipes.jpg/640px-Pollicipes_pollicipes.jpg&w=640&q=50)
Tecostráceos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tecóstracos ou tecostráceos (Thecostraca) son unha subclase de crustáceos maxilópodos, que inclúe os coñecidos percebes e arneiros, os ascotorácidos parasitos e os enigmáticos facetotectos.[2]
Máis información Tecóstracos / TecostráceosThecostraca, Clasificación científica ...
Tecóstracos / Tecostráceos Thecostraca | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Pollicipes pollicipes, o percebe común | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Infraclases | |||||||||||
|
Pechar
Coñécense, segundo algúns autoires, unhas 1 300 especies descritas. Porén, o SIIT reduce o número de especies a 402 descritas, das que só 239 están aprobadas.[1]
Caracterízanse pola presenza de órganos celosía, uns órganos quimiorreceptores da cutícula, exclusivos destes animais. Ademais, o estadio larvario final posúe anténulas prénsiles que usan para a localización do substrato e fixación no mesmo, para desenvolver o estadio adulto, que é sésil.