Telenovela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha telenovela é unha historia de ficción desenvolvida para a súa presentación na televisión. Ten a característica de ser dividida en capítulos, no que o seguinte é a continuación do anterior. O sentido xeral da trama está previsto inicialmente, pero o desenvolvemento e o desenlace non. Durante a exhibición, en episodios temporais-, poden ser inseridos novos rumbos e personaxes.[1][2] Ás veces, antes do lanzamento definitivo para o público, realízase un episodio piloto para ver se a idea funciona unha vez materializada.
Na televisión galega a primeira telenovela emitida foi A escrava Isaura.
Unha versión equivalente ás telenovelas para a radio chámase radionovela.