Teleoloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A teleoloxía é un concepto filosófico que establece que a finalidade existe na natureza. Isto significa que, a semellanza das finalidades encontradas nas accións humanas, a natureza tende esencialmente cara fins concretos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
A teleoloxía foi investigada por Platón e Aristóteles, por Anselmo de Canterbury durante o século XI, por Inmanuel Kant no século XVIII, como un principio regulador no seu libro "Crítica do xuízo", e por Jung. Tamén foi fundamental para a especulación filosófica de Hegel.
Algo é teleolóxico cando ten un motivo ou causa final. En xeral pódese dicir que hai dous tipos de finalidade: intrínseca e extrínseca.
- Unha cousa ou acción ten unha finalidade intrínseca cando é por causa de algo externo. Dalgunha maneira, as persoas mostran este tipo de finalidade cando procuran a felicidade dun neno. Se o externo non existise, a acción non mostraría finalidade.
- Algo ten unha finalidade extrínseca cando non se produce por ningunha outra cousa que o propio motivo. Por exemplo, intentamos ser felices polo simple motivo de ser felices, e non por outra cousa.
Desde Novum Organum, de Francis Bacon, as explicacións teleolóxicas na ciencia tenden a ser deliberadamente eludidas por que se son verdadeiras ou non é discutible máis alá da percepción humana e o noso entendemento para xulgar. Algunhas disciplinas, en especial dentro da bioloxía evolutiva, son aínda propensas a usar palabras que semellan teleolóxicas cando describen tendencias naturais que van deica unhas *inudables condicións finais. Non obstante, eses argumentos pódense traducir case sempre a formas non teleolóxicas.