Templo do Ceo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Templo do Ceo (en chinés tradicional 天壇, en chinés simplificado 天坛, en pinyin "Tiāntán") é un complexo de templos taoístas en Pequín, o maior do seu xénero en toda a República Popular da China. Foi construído no ano 1420 e foi utilizado tanto pola Dinastía Ming como pola Dinastía Qing para pedir a intercesión celestial para as colleitas (na primavera) e dar grazas ao Ceo polos froitos obtidos (no outono). En 1998 foi catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Templo do Ceo | |
---|---|
Bóveda Imperial Celeste, no Templo do Ceo | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | China |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III |
Inscrición | 1998 (22º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 811 |
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Está situado no parque Tiantan Gongyuan, ao sur de Pequín. O Templo do Ceo inclúe ao norte a Sala de oración polas Boas Colleitas; ao sur, o Altar Circular e a Bóveda Imperial Celestial.
O conxunto está rodeado dunha muralla interior e outra exterior formadas por unha base rectangular que simboliza a Terra, rematadas con formas arredondadas para simbolizar o Ceo. As murallas dividen o recinto en dúas zonas: a interior e a exterior.