The Hurricane (filme de 1999)
filme de 1999 dirixido por Norman Jewison / From Wikipedia, the free encyclopedia
The Hurricane é un filme estadounidense biográfico dirixido por Norman Jewison que se estreou en 1999. Está protagonizado por Denzel Washington. O guión foi adaptado por Armyan Bernstein e Dan Gordon a partir dos libros Lazarus and the Hurricane: The Freeing of Rubin "Hurricane" Carter (publicado en 1991), e The Sixteenth Round: From Number 1 Contender To #45472 (publicado en 1974). O filme conta a historia dun ex campión de boxeo condenado por un triplo asasinato nun bar de Paterson, Nova Jersey. Tamén describe a súa vida en prisión e a súa posta en liberdade grazas ó amor e compaixón dun adolescente de Brooklyn chamado Lesra Martin e a súa familia de acollida canadense.[2]
The Hurricane | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hurricane |
Director | Norman Jewison |
Produtor | Norman Jewison Marc Abraham Armyan Bernstein Thomas Bliss John Ketcham |
Guión | Armyan Bernstein Dan Gordon |
Baseado en | Lazarus and the Hurricane (Sam Chaiton & Terry Swinton) The Sixteenth Round (Rubin "Hurricane" Carter) |
Intérpretes | Denzel Washington Vicellous Reon Shannon Deborah Kara Unger Liev Schreiber |
Música | Christopher Young |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Stephen E. Rivkin |
Estudio | Beacon Pictures |
Distribuidora | Universal Studios (USA) Buena Vista International (internacional) |
Estrea | 29 de decembro de 1999 |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico |
Orzamento | $50 000 000[1] |
Recadación | $73 956 241 |
Na rede | |
http://www.the-hurricane.com/ | |
O filme recibiu críticas positivas, mais tamén foron criticadas algunhas inexactitudes por parte dalgúns medios e de participantes no xuízo a Carter.