From Wikipedia, the free encyclopedia
The Notebook é un filme romántico e dramático dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2004. Baséase no libro The Notebook do escritor norteamericano Nicholas Sparks. Está protagonizado por Ryan Gosling e Rachel McAdams, que interpretan á parella de mozos que se namoran na década de 1940. A súa historia é narrada dende o presente por un home maior (interpretado por James Garner) que lle le a historia a unha compañeira da residencia (interpretada por Gena Rowlands).
The Notebook | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Notebook |
Director | Nick Cassavetes |
Produtor | Mark Johnson Lynn Harris |
Guión | Jeremy Leven |
Baseado en | The Notebookde Nicholas Sparks |
Intérpretes | Ryan Gosling Rachel McAdams James Garner Gena Rowlands |
Música | Aaron Zigman |
Fotografía | Robert Fraisse |
Montaxe | Alan Heim |
Estudio | Avery Pix |
Distribuidora | New Line Cinema |
Estrea | 20 de maio de 2004 |
Duración | 124 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romántica |
Orzamento | $29.000.000 |
Recadación | $115.603.229 |
Na rede | |
http://www.thenotebookmovie.com/ | |
The Notebook recibiu críticas diversas, mais tivo boa acollida do público e foi nomeado a varios galardóns, gañando oito Teen Choice Awards, un Satellite Award e un MTV Movie Award. Ós poucos, foise convertendo nun filme de culto.[1][2] O 11 de novembro de 2012, ABC Family estreou unha versión estendida con escenas eliminadas.[3]
Un ancián vaille contando unha historia a unha anciá que ten alzhéimer.
A historia está ambientada nos anos corenta. Unha moza adolescente, Allie Hamilton, de familia adiñeirada, vai pasar o verán canda a súa familia á cidade costeira de Seabrook, onde coñecerá a un rapaz, traballador dunha fábrica, de familia humilde, chamado Noah Calhoun, co que vivirá un romance estival intenso. A familia de Allie non está de acordo coa relación, e incluso adiantarán a fin das súas vacacións para rompela. Logo, durante un ano, Noah estaralle escribindo unha carta por día a Allie, mais esta nunca recibirá as misivas, pois serán todas interceptadas pola súa nai. Noah e Allie perderán o contacto seguindo as súas vidas por separado.
Sete anos despois, cando Allie está probando o seu vestido de voda (vai casar con Lon, un home de boa clase social), olla no xornal unha fotografía de Noah e decide volver ao pobo onde se coñeceran e no que Noah aínda vive. Con todo, ao final Allie e Noah viven felices xuntos.
Allie é a vella con alzhéimer e el o ancián que lle le a historia para que recorde quen é.
A rodaxe comezou o 7 de novembro de 2002 en Carolina do Sur cun orzamento de 30 millóns de dólares e prolongouse até febreiro de 2003. Nick Cassavetes buscou incansablemente o lugar perfecto para rodar a película. O produtor Mark Johnson explicaba que a película requiría unha pequena cidade do sur nunha contorna tranquila e rural, xa que a novela de Nicholas Sparks está ambientada en Newburn, Carolina do Norte, pero cando visitaron a zona de Charleston aos produtores gustoulles o sitio, así que trasladaron alí a historia.
Ambientaron logo a película no contorna costeira de Carolina nos anos corenta, foi rodada case en toda a súa totalidade en localizacións de Carolina do Sur: nas cidades de Charleston e Georgetown, a illa de Edisto, a base naval de Charleston, varias exuberantes plantacións e os Cypress Gardens do condado de Berkeley.
A película recibiu 12 premios e 3 nomeamentos.
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Nick Cassavetes | Mellor película dramática | Gañador | 2005 |
Ryan Gosling | Mellor actor revelación masculino | Gañador | 2005 |
Ryan Gosling | Mellor actor dramático | Gañador | 2005 |
Rachel McAdams | Mellor actriz dramática | Gañadora | 2005 |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor química entre actores | Gañadores | 2005 |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor escena de amor | Gañador | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor bico | Gañadores | 2005 |
Rachel McAdams | Mellor actriz feminina | Gañadora | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
James Garner | Mellor actor secundario | Gañador | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Gena Rowlands | Mellor actriz secundaria | Gañadora | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Matthew Barry e Nancy Green-Keyes | Mellor casting de película | Gañadores | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Aaron Zigman | Mellor música de película | Gañador | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
Nick Cassavetes | Mellor romance | Candidato | 2005 |
Candidatura | Categoría | Resultado | Ano |
---|---|---|---|
Ryan Gosling e Rachel McAdams | Mellor baile de película | Candidatos | 2005 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.