Thomas Kyd
dramaturgo inglés do século XVI / From Wikipedia, the free encyclopedia
Thomas Kyd, nado o 3 de novembro de 1558 e finado o 16 de xullo de 1594, foi un dramaturgo inglés, autor de The Spanish Tragedie, unha sanguenta peza (considerada antecedente de Hamlet) que tivo grande éxito e influencia na súa época. Thomas Kyd é unha das figuras máis importantes do teatro isabelino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1558 Londres |
Morte | 1594 (35/36 anos) Londres |
Lugar de sepultura | Londres |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Merchant Taylors' School (en) |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo , escritor , tradutor literario |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Malia que era moi coñecido na súa propia época, a obra de Kyd permaneceu enterrada ata 1773, ano en que Thomas Hawkins, un dos primeiros editores de The Spanish Tragedie, descubriu que Kyd era nomeado como autor da obra na Apologie for Actors (1612) de Thomas Heywood. Cen anos despois, académicos ingleses e alemáns comezaron a investigar a súa vida e obras, incluíndo o controvertido achado de que podería ser o autor dunha versión de Hamlet anterior a Shakespeare.