Timor Leste
From Wikipedia, the free encyclopedia
Timor Leste[1][2][3] (/tiˈmɔːr ˈlɛʃteɪ/; Modelo:IPA-pt; tetum: Timór Lorosa'e[4]), oficialmente a República Democrática de Timor-Leste[5] (portugués: República Democrática de Timor-Leste,[6] tetum: Repúblika Demokrátika Timór-Leste[4]),[7] ou Timor Oriental (i/ˈtiːmɔːr/) é un país insular do Sueste asiático.[8] O seu territorio comprende a metade oriental da illa de Timor, as illas de Ataúro e Jaco, e o enclave de Ocusi, na costa norte da metade occidental da illa, un enclave no lado noroeste da illa rodeado polo Timor Occidental indonesio. As únicas fronteiras terrestres que o país ten lígano á Indonesia, ao oeste da porción principal do territorio, e ao leste, sur e oeste de Ocusi, mais ten tamén fronteira marítima con Australia, no Mar de Timor, ao sur. Conta con 15.007 km² de superficie e máis dun millón trescentos mil habitantes. A súa capital é Dili.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
Repúblika Demokrátika Timor-Leste (tet) República Democrática de Timor-Leste (pt) | |||||
Himno | Pátria | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unidade, Acção, Progresso» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Dili (1769–) | ||||
Contén a división administrativa | Ataúro (2022–) Lautém (pt) Manatuto (pt) Município de Aileu (pt) Município de Ainaro (pt) Município de Baucau (pt) Município de Bobonaro (pt) Município de Cova Lima (pt) Município de Díli (pt) Município de Ermera (pt) Município de Liquiçá (pt) Município de Manufahi (pt) Oe-Cusse Ambeno (pt) Viqueque (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.296.311 (2017) (86,89 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua portuguesa Tetún | ||||
Relixión | catolicismo, Protestantismo e Islam | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 14.918,72 km² | ||||
Punto máis alto | Foho Tatamailau (2.963 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar de Timor (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 20 de maio de 2002 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República semipresidencialista república Estado unitario | ||||
• Presidente | José Ramos-Horta (2022–) | ||||
Órgano executivo | Cabinet of East Timor (en) | ||||
• Primeiro ministro | Xanana Gusmão (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Nacional (pt) , (Escano: 65) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 3.621.222.400 $ (2021) | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .tl | ||||
Prefixo telefónico | +670 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | TL e TP | ||||
Páxina web | timor-leste.gov.tl |
O país foi colonizado polo Imperio portugués no século XVI e foi coñecido como Timor portugués até a descolonización. O 28 de novembro de 1975, cando a Fronte Revolucionaria para un Timor Oriental Independente (Fretilin) declarou a súa independencia, pero só nove días despois o país foi invadido e ocupado por Indonesia, país que o converteu na súa provincia número 27 ao ano seguinte. A ocupación indonesia de Timor Leste caracterizouse por un violento conflito de décadas entre grupos separatistas (especialmente Fretilin) e o exército indonesio. En 1999, despois dun acto de autodeterminación, patrocinado pola ONU, o goberno indonesio abandonou o control do territorio e Timor Leste converteuse no primeiro novo Estado soberano do século XXI, o 20 de maio de 2002. Despois da independencia, o país incorporouse como membro da ONU e da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa. En 2011, anunciou a súa intención de participar na Asociación de Nacións do Sueste Asiático, a través dunha carta de candidatura para se converter no undécimo membro do grupo.[9]
Timor Leste é un dos dous únicos países maiormente católicos de Asia (o outro é Filipinas). As linguas oficiais do país son o portugués e o tetún, estando recoñecidas tamén na constitución o inglés e o indonesio como linguas de traballo.
O país ten unhas rendas medias inferiores ás da economía mundial,[10] cun 37% dos habitantes vivindo por debaixo do limiar de pobreza, e arredor da metade da poboación é analfabeta. Timor Leste segue a sufrir os efectos dunha loita de décadas pola independencia contra a ocupación indonesia, que danou seriamente as infraestruturas e matou polo menos cen mil persoas. O país ocupa o posto 128º no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).