Tineidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tineidos (Tineidae) son unha familia de avelaíñas da orde dos lepidópteros descrita por Pierre André Latreille en 1810. A familia contén máis de 3.000 especies en máis de 300 xéneros. A maioría dos tineidos son pequenos ou de medio tamaño e cando se pousan colocan as ás sobre o seu corpo. Son especialmene comúns no Paleártico, pero moitos aparecen noutras zonas e algúns espalláronse moito como especies introducidas.
Tineidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto de Nemapogon granella: Nemapogoninae) de Graz, Austria | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Diversidade | |||||||||||||
Uns 357 xéneros [1] | |||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||
|
Os tineidos son especiais entre os Lepidoptera, xa que as larvas dun pequeno número de especies se alimentan de plantas vivas, pero a maioría se alimentan de fungos, liques e detritos. Os membros máis coñecidos da familia son trazas ou couzas da roupa que se adaptaron a comer tecidos almacenados e considéranse pragas domésticas. As máis espalladas desas especies son Tineola bisselliella, Tinea pellionella e Trichophaga tapetzella. A especie Niditinea fuscella aliméntase preferentemente de plumas en niños de aves. Un xénero salientable é Ceratophaga, cuxos membros se alimentan exclusivamente de queratina pura de cornos e pezuños de mamíferos mortos e mesmo de coirazas de tartarugas mortas.