Tintín no Tíbet
volume de banda deseñada das aventuras de Tintín / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tintín no Tíbet (francés: Tintin au Tibet) é o vixésimo volume de As aventuras de Tintín, a serie de banda deseñada do debuxante belga Hergé. Serializouse semanalmente desde setembro de 1958 a novembro de 1959 na revista Tintín e publicouse como álbum en 1960. Hergé considerabaa a súa aventura favorita Tintín no Tíbet foi un esforzo emocional, xa que o creou mentres sufría pesadelos traumáticos e un conflito persoal mentres decidía deixar a súa muller tras tres décadas por unha muller máis nova. A historia conta como o novo reporteiro Tintín vai en busca do seu amigo Chang Chong-Chen, que as autoridades afirman que morreu nun accidente de avión no Himalaia. Convencido de que Chang sobreviviu e acompañado por Milú, o Capitán Haddock e o guía Sherpa Tharkey, Tintín cruza o Himalaia ata a meseta do Tíbet, no camiño atopa ao misterioso Ieti.
Tintín no Tíbet | |
---|---|
Título orixinal | Tintin au Tibet |
Autor/a | Hergé |
Orixe | ![]() |
Lingua | Francés |
Colección | As aventuras de Tintín |
Xénero(s) | Aventuras |
Editorial | Casterman |
Data de pub. | Seriada: 17 de setembro de 1958 – 25 de novembro de 1959 |
Formato | Seriado, posteriormente compilación en álbum |
Páxinas | 62 |
ISBN | ISBN 84-261-2331-7 |
Precedido por | Stock de coque |
Seguido por | As xoias da Castafiore |
Editor | Editorial Juventud |
Tradución | Valentín Arias López |
[ editar datos en Wikidata ] |
Despois de Stock de coque (1958) e o seu gran número de personaxes, Tintín no Tíbet difire doutras historias da serie porque non hai inimigos e só un pequeno número de personaxes. A historia é tamén infrecuentemente emotiva para Tintín, momentos de moita emoción como o obstinada crenza de Tintín na supervivencia de Chang, o descubrimento do osiño de peluche na neve, o Capitán Haddock sacrificándose para salvar a Tintín, o regreso de Tharkey, o encontro con Chang, e como o ieti perde o seu único amigo. Podemos ver a Tintin chorando ao imaxinar o destino de Chang, algo que só se ve en dúas ocasións ao longo de toda a serie (a outra ocasión é O Loto Azul).
Os temas da historia de Hergé inclúen percepción extrasensorial, o misticismo do budismo tibetano e a amizade. Traducido a 32 idiomas, Tintín no Tíbet foi moi aclamado polos críticos e normalmente considérase a mellor obra de Hergé, tamén foi eloxiado polo Dalai Lama, que o concedeu o premio Luz da Verdade. A historia foi un éxito comercial e publicouse en forma de libro por Casterman pouco despois da súa conclusión, a serie converteuse nunha parte definitiva da tradición da banda deseñada franco-belga. Tintín no Tíbet adaptouse para a serie animada de 1991 de Ellipse / Nelvana As aventuras de Tintín, e a dramatización de 1992-3 de BBC Radio 5 das Aventuras, o videoxogo de 1996 co mesmo nome, e o musical de 2005-6 Hergé's Adventures of Tintin, tamén destacado no documental de 2003 Tintín e eu e foi obxecto dunha exposición museística.
A primeira edición en galego foi en 1988 pola Editorial Juventud con tradución de Valentín Arias López.