![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d6/Trivium_-_2017216185010_2017-08-04_Wacken_-_Sven_-_1D_X_MK_II_-_0970_-_B70I0442.jpg/640px-Trivium_-_2017216185010_2017-08-04_Wacken_-_Sven_-_1D_X_MK_II_-_0970_-_B70I0442.jpg&w=640&q=50)
Trivium (grupo musical)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Trivium é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Orlando, Florida e formada no ano 1999.[1] O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Matt Heafy, o guitarrista Corey Beaulieu, o baixista Paolo Gregoletto e o batería drummer Alex Bent.[2] Heafy é o único membro da formación orixinal que permanece no grupo.
Trivium | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Orlando, Florida, ![]() |
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, metalcore, thrash metal, metal progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner Records, Lifeforce Records |
Membros | Matt Heafy Corey Beaulieu Paolo Gregoletto Alex Bent |
Na rede | |
trivium.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
O seu álbum de estrea, Ember to Inferno, foi o seu único traballo publicado por Lifeforce Records. Despois de asinar un contrato con Roadrunner Records en 2004, a banda publicou oito álbums de estudio e máis de vinte sinxelos. O seu derradeiro traballo ata a data, What the Dead Men Say, foi editado o 24 de abril de 2020. A banda vendeu máis dun millón de discos en todo o mundo e foi nomeada a un premio Grammy no ano 2019 pola súa canción "Betrayer".[3]