Tréveris
cidade de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Tréveris[1] (en alemán, Trier), é unha cidade de Renania-Palatinado, Alemaña, situada ás beiras do río Mosela, a apenas 15 km da fronteira con Luxemburgo.
Trier (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz | ||||
Capital de | Eleitorado de Tréveris (pt) Sarre (en) (1798–1815) Trier (pt) (1815–1999) Tréveris-Sarreburgo (pt) (1816–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 112.195 (2022) (958,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 117,07 km² | ||||
Bañado por | Río Mosela | ||||
Altitude | 125 m-135 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 16 a. C. | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Wolfram Leibe (pt) (2015–) | ||||
Membro de | QuattroPole (en) City diet Rhineland-Palatinate (en) Aliança Climática (pt) (1994–) Mayors for Peace (en) (2010–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 54290, 54292, 54293, 54294, 54295 e 54296 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 651 | ||||
Código NUTS | DEB21 | ||||
Número de municipio alemán | 07211000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Metz Nagaoka Fort Worth Gloucester 's-Hertogenbosch Mbabane Ascoli Piceno Pula, Croacia (1971–) Weimar (1987–) | ||||
Páxina web | trier.de |
Cidade natal de Karl Marx (5 de maio de 1818), cuxa residencia familiar é hoxe un museo, e Santo Ambrosio de Milán (340), Trier tamén está orgullosa da súa rica herdanza arquitectónica xa que é considerada a cidade máis antiga de Alemaña, e é con certeza a sede episcopal máis antiga de todo o territorio alemán. En 1986 foi declarada cidade patrimonio da humanidade pola UNESCO. Está localizada no estado da Renania-Palatinado.
En Galiza é coñecida por ser a cidade onde foi executado Prisciliano e polo chamado "Coloquio de Tréveris": "Tradición, actualidade e futuro do galego" que tivo lugar nesta cidade entre os días 13 e 15 de novembro de 1980 en que o galego (como lingua independente do portugués) se deu a coñecer na comunidade de lingüistas especializados en linguas romances. Este coloquio vai tendo novas edicións cada certo tempo entre a Universidade de Trier e a compostelá. Esta Universidade de Tréveris, foi fundada no 1483, pechada no 1796 e aberta de novo en 1970.
A cidade tamén está irmandada co concello da Pobra de Trives.