From Wikipedia, the free encyclopedia
Twin Peaks é unha serie televisiva dirixida e producida por Mark Frost e David Lynch, interpretada por Kyle MacLachlan, Warren Frost, Everett McGill, Jack Nance e Ray Wise entre outros.[1] Rodada en inglés, a serie consta de 48 episodios de entre 46 e 50 minutos cada un, distribuídos en tres temporadas. Gañadora de tres Globos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nos Estados Unidos de América, o 8 de abril de 1990, até o último capítulo da segunda temporada, emitido o 28 de xuño de 1991. En España emitiuse por primeira vez no ano 1991.
Formato | Misterio Suspense psicolóxico Sobrenatural Drama |
---|---|
Creado por | David Lynch Mark Frost |
Intérpretes | Kyle MacLachlan Michael Ontkean Mädchen Amick Dana Ashbrook Richard Beymer Lara Flynn Boyle Sherilyn Fenn Sheryl Lee |
Tema de apertura | "Falling (Twin Peaks Theme)" |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 48 |
Produtor(es) executivo(s) | Mark Frost David Lynch |
Duración | 46–50 min. |
Distribuidor | Republic Pictures CBS Television Distribution |
Canle de orixe | ABC |
Primeiro episodio | 8 de abril de 1990 |
Derradeiro episodio | 10 de xuño de 1991 (segunda temporada) |
Seguido por | Twin Peaks: Fire Walk with Me |
Na rede | |
https://www.paramountplus.com/shows/twin_peaks/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No ano 1992, David Lynch dirixiu o filme Twin Peaks: Fire Walk with Me, unha precuela de todo o que sucede na serie, centrandose na derradeira semana de vida de Laura Palmer.
O 6 de outubro de 2014, confirmouse que a serie voltará con nove novos capítulos, logo ampliados a dezaoito,[2] a comezos de 2016 na canle Showtime. Todos os episodios serán escritos polos creadores David Lynch e Mark Frost, con Lynch como director.[3]
Esta serie amosa o transcurso dunha investigación do FBI dirixida polo Axente Especial Dale Cooper (Kyle MacLachlan) verbo do asasinato dunha moza de Twin Peaks, Laura Palmer. Outros personaxes relevantes son Leland Palmer, o pai da moza asasinada; o Shérif Harry S. Truman; o Doutor William Hayward e a súa filla, Donna Hayward; Benjamin Horne, o dono do Gran Hotel do Norte; o Grande Ed Hurley, dono da gasolineira; Margaret Lanterman, a muller do madeiro e Bob, un espírito malvado que actúa no nome da Casa Negra. Todos estes personaxes configuran unha trama policíaca e dramática con momentos dunha grandísima tensión.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.