![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Bi_ohol_txalaparta.jpg/640px-Bi_ohol_txalaparta.jpg&w=640&q=50)
Txalaparta
From Wikipedia, the free encyclopedia
A txalaparta é un instrumento de percusión tradicional do País Vasco. Xeralmente consta de dous soportes (cestos, cadeiras, banquetas etc) sobre os que se pon algún material illante (follas de millo, sacos vellos, herba seca etc) e sobre todo isto, unha táboa que é golpeada con catro paus (dous para cada txalapartari).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Bi_ohol_txalaparta.jpg/640px-Bi_ohol_txalaparta.jpg)
As madeiras máis utilizadas para a súa construción son as de ameneiro, freixo, castiñeiro e outras do país. Aínda que tradicionalmente cada txalaparta adoitaba ter dúas ou tres táboas de madeira, hoxe en día é habitual atopar txalapartas formadas por unha ducia de táboas.