Ulugh Beg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Mīrzā Muhammad Tāraghay bin Shāhrukh (en chagatay میرزا محمد طارق بن شاہ رخ, en persa: میرزا محمد تراغای بن شاہ رخ), máis coñecido como Ulugh Beg (الغ بیگ), nado en Soltaniyeh o 22 de marzo de 1394 e finado en Samarcanda o 27 de outubro de 1449 foi un sultán timúrida, ademais de astrónomo e matemático.
Nome orixinal | (fa) الغبیگ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de marzo de 1394 Soltaniyeh (pt) |
Morte | 27 de outubro de 1449 (55 anos) Samarcanda |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Gur-e Amir |
Monarca | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | astrónomo , calígrafo , matemático , astrólogo |
Profesores | Qāḍī Zāda al-Rūmī (pt) |
Lingua | Linguas turcas, lingua persa e Língua chagatai (pt) |
Outro | |
Título | Bey |
Familia | Dinastia Timúrida (pt) |
Fillos | Abdal-Latif Mirza (pt) , Rabiya Sultan Begim (en) , Abd al-Aziz ibn Ulugh Beg (en) |
Pais | Sha Ruj Mirza e Goharshad (pt) |
Irmáns | Ibrahim ibn Shahrukh (pt) , Baysonqor (pt) , Muhammad Juki (en) , Soyurghatmish ibn Shahrukh (en) e Soyurghatmish ibn Shahrukh (en) |
Ulugh Beg destacou polo seu traballo nas matemáticas relacionadas coa astronomía, como a trigonometría e a xeometría esférica, ademais de polos seus intereses xerais nas artes e en actividades intelectuais.[1][2] Crese que falaba cinco linguas: árabe, persa, túrquico, mongol e algo de mandarín.[3] Durante o seu goberno o imperio timúrida acadou o seu cumio cultural grazas á súa atención e padroado. Samarcanda, que foi capturada e entregada a Ulugh Beg polo seu pai Shah Rukh, converteuse no centro da cultura musulmá.[2]
Construíu o gran observatorio de Ulugh Beg en Samarcanda entre 1424 e 1429. Foi considerado polos estudos como un dos mellores observatorios do mundo islámico do seu tempo e o maior de Asia central.[4] Ulugh Beg foi considerado como o astrónomo observacional máis importante do século XV por moitos estudosos.[5] Tamén construíu a madrasa de Ulugh Beg (1417–1420) en Samarcanda e Bukhara, transformando as cidades en centros de aprendizaxe da rexión.[6]
Non obstante, a pericia científica de Ulugh Beg non estivo ligada coas súas habilidades no goberno. Durante o seu curto reinado fracasou no intento de establecer o seu poder e autoridades. Como resultado, outros líderes, incluídos da súa familia, tomaron vantaxe da súa falta de control e finalmente foi derrocado e asasinado.[7]