Unitat d'Aran
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unitat d'Aran (UA, en galego: Unidade de Arán) é un partido político do Val de Arán, na provincia de Lleida, fundado en 1980. É, xunto con Convergéncia Democratica Aranesa, un dos principais partidos que compiten nas eleccións ao Consello Xeral de Arán.
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Unitat d'Aran | |
---|---|
Partido político do Val de Arán | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Francés Boya Alòs |
Historia | |
Fundación | 1980 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Progresismo Nacionalismo aranés Municipalismo |
Representación | |
Conselleiros no Consello Xeral de Arán | 9 / 13 |
Concelleiros no Val de Arán | 32 / 59 |
Outros datos | |
Na rede | |
unitatdaran | |
Pechar
Defínese como progresista, autonomista, municipalista, aranesista e defensor dos dereitos do Val de Arán como unidade diferenciada de Cataluña cultural e lingüisticamente. O seu secretario xeral é Francés Boya Alòs e preséntase ás eleccións ao Consello Xeral de Arán aliado co Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC).