universidade catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
A Universidade de Barcelona (en catalán e oficialmente: Universitat de Barcelona) é unha institución académica pública con sede en Barcelona, Cataluña. As súas facultades están distribuídas entre varios campus repartidos pola cidade e arredores: os campus de praza Universitat, el Raval, Diagonal, Bellvitge, Torribera, Mundet, Sants e Hospital Clínic.
Universidade de Barcelona | |
---|---|
Sede histórica da UB | |
Datos xerais | |
Localización | Barcelona |
Datos actuais | |
Reitor | Joan Elias Garcia |
Alumnos | 81.878 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Gran Via de les Corts Catalanes, 585 Barcelona |
Páxina web | http://www.ub.edu/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
As orixes da UB remóntanse á época de Martiño I o Humano, que quixo outorgar a Barcelona O estudo do medicamento. Con todo, o Consell de Cent de Barcelona (consello municipal) negouse.
Durante o reinado de Afonso o Magnánimo, en 1450, e previa bula outorgada polo Papa, inaugurouse finalmente a Universidade de Barcelona. Tres séculos máis tarde, no século XVIII, a sede da universidade foi trasladada a Cervera (Lleida) en agradecemento aos habitantes por dar apoio a Filipe de Anjou durante a Guerra de Sucesión Española.
En 1842 a sede volveu a Barcelona ocupando uns antigos palacios da rúa do Carme e máis tarde un edificio novo en l'Eixample construído por Elies Rogent. Noventa anos máis tarde, o goberno da Segunda República outorgou á Universidade autonomía propia, pasándose a chamar Universidade Autónoma de Barcelona (non confundirse coa actual UAB). Pero coa chegada da ditadura de Franco, a autonomía foi derrogada en 1939, entrando nunha época de decadencia: gran parte do profesorado foi substituído por docentes acordes ao novo réxime que terminou cun período de crise intelectual.
A UB foi a única universidade de Cataluña e as Illas Baleares existente ata 1968, cando se iniciou un proceso que durou ata a década dos 90 que orixinou o resto de universidades catalás e a Universidade das Illas Baleares. Paralelamente, a propia UB iniciou un proxecto de expansión, creando diferentes facultades por todo o territorio barcelonés: o campus de Pedralbes, de Sants, de Bellvitge e Mundet.
Existen na Universidade de Barcelona, 19 centros, 18 facultades, 1 escola universitaria, 106 departamentos e diversos centros adscritos. Tanto os departamentos como as facultades, teñen unha autonomía interna e órganos propios de autogoberno.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.