Cervera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.
Remove ads
Demografía
Entidades de poboación
Evolución demográfica
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 1986 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
4.350 | 4.554 | 5.216 | 5.773 | 6.444 | 6.545 | 9.247 |
Comunicacións
En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).
Historia
Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera posicionouse de parte de Filipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.
Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcala de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.
Lugares de interese

- Praza Maior porticada
- Concello (Paeria), de estilo barroco
- Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico
- Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico
- Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade.
- Museu do Blat i a Pagesia
- Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local.
- Monumento á Generalitat de Catalunya
- Carreró de les Bruixes
En Vergós
- Castelo
- Igrexa da Magdalena
- Igrexa de Santa María
Remove ads
Festas de interese
- Santo Antóno Abade, 17 de xaneiro
- Cantada de Completes, 5 de febreiro
- Festa Maior do Santísimo Misterio, 6 e 7 de febreiro
- A Paixón, meses de marzo e abril
- Festa de Sidro Labrego, 15 de maio
- Sant Magí, 18 e 19 de agosto
- Festa da Aquelarre, última fin de semana do mes de agosto
- Festa Maior do Santo Cristo, 4º fin de semana de setembro
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads