Unió Catalanista
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unió Catalanista foi un grupo político catalanista conservador formado en Barcelona en 1891 coa unión de diversos sindicatos e asociacións catalanistas que se puxeran en contacto a raíz da resistencia contra o artigo 15 do código civil que atentaba contra o dereito civil catalán. No 1892 promoveron a reunión na que se aprobaron as Bases de Manresa. No 1893 celebrou asemblea en Reus, no 1894 en Balaguer e no 1895 en Olot. No 1897 modificou os estatutos e uníronse novas asociacións, agrupacións, xornais e particulares. A dirección dividíase en dous sectores, un pouco politizado agrupado en torno ao periódico La Renaixença, e outro máis político encabezado por Enric Prat de la Riba. Este separouse da Unió en 1899, creando o Centre Nacional Catalá baixo a presidencia de Narcís Verdaguer i Callís. O Centre tivo un grande éxito nas eleccións de 1901 ás que concorreron en coalición coa Unió Regionalista. A Unió Catalanista convocou entón unha asemblea en Terrassa na que se decidiu entrar en política e pedir o concerto económico. No 1903 logrou a presidencia Domènec Martí i Julià, o cal orientou o partido á esquerda. Martí deixou a presidencia en 1906 pero volveuna ocupar en 1914. No 1916 Martí propuxo a disolución que non foi aceptada e deixou o grupo. En 1932 obtivo un escano no parlamento de Cataluña e disolveuse ao estourar a guerra civil española.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Unió Catalanista | |
---|---|
Tipo | partido político catalán |
Ideoloxía | Catalanismo |
Data de fundación | 1891 |
Data de disolución | 1936 |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |