Unión do Povo Galego
partido politico comunista e nacionalista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional".[1] Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977, sendo tamén o cofundador da UPG.
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
Unión do Povo Galego (UPG) | |
---|---|
Partido político de Galiza (membro do BNG) | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Néstor Rego (Secretario Xeral) |
Mocidades | Unión da Mocidade Galega |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea (Como membro do BNG) |
Historia | |
Fundación | 1963 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Marxismo-leninismo Nacionalismo galego Independentismo galego |
Representación | |
Representación | - |
Outros datos | |
Sede | Av. de Lugo, 219 -1º 15703 Santiago de Compostela |
Publicación | Terra e Tempo |
Na rede | |
www.upg.gal | |
Pechar
A Unión da Mocidade Galega, constituída en 1977, é a organización xuvenil do partido.