Uro (automoción)
vehículos especiais / From Wikipedia, the free encyclopedia
URO é unha compañía galega construtora de camións e vehículos militares con sede en Santiago de Compostela. A compañía matriz de Uro, UROVESA (URO Vehículos Especiales S.A.), naceu en 1981 da man de ex-empregados da marca galega IPV.
Datos rápidos Tipo, Fundación ...
Uro | |
---|---|
Urovesa Polígono do Tambre. | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1981 |
Matriz | URO, Vehículos Especiales, S.A. |
Localización | Polígono Industrial do Tambre Vía Edison 17 Santiago de Compostela, A Coruña, Galiza |
Industria | Automoción |
Produtos | Automóbiles Camións Vehículos militares Carretillas elevadoras |
Beneficio | 56.257.020 € (en 2016)[1] |
Número de empregados | 99 (en 2017) |
Na rede | |
http://www.urovesa.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A empresa debe o seu nome ao uro, antigo touro europeo (bos taurus primigenius), especie da que proceden practicamente todas as razas domésticas de gando bovino actuais. Similar ao touro de lidia pero de maiores dimensións (ata 1.300 kg. de peso), o uro extinguiuse en 1627 en Polonia.