Usedom
From Wikipedia, the free encyclopedia
Usedom (alemán: Usedom, polaco: Uznam) é unha illa do Mar Báltico en Pomerania, dividida desde 1945 entre Alemaña e Polonia. É a segunda illa máis grande de Pomerania logo de Rügen.
Usedom | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Alemaña, Polonia |
Provincia | Mecklemburgo-Pomerania Occidental Pomerania Occidental |
Mar | Mar Báltico-lagoa de Szczecin |
Coordenadas | 53°56′00″N 14°05′00″L |
Xeografía | |
Superficie | 445 km² |
Longura máxima | 66´4 km. |
Largura máxima | 23'9 km. |
Perímetro | 110 km |
Punto máis alto | 69 m. Golm |
Demografía | |
Capital | Świnoujście |
Poboación | 76.500 hab. (2012) |
Densidade | 172 hab./km² |
Está situado ao norte da Lagoa de Szczecin (en polaco: "Zalew Szczeciński", alemán: "Stettiner Haff") no esteiro do río Oder. Ao redor do 80% da illa pertence ao distrito alemán de Vorpommern-Greifswald no estado de Mecklemburgo-Antepomerania. A parte oriental e a cidade máis grande da illa, Świnoujście (en alemán: Swinemünde), son parte do Voivodato de Pomerania Occidental. A superficie total da illa é 445 km² (a parte alemá ten 373 km² e a parte polaca 72 km²). A súa poboación é de 76.500 habitantes (parte alemá 31.500, parte polaca 45.000).
Cunha media anual de 1906 horas de sol, Usedom é a rexión máis asollada de Alemaña e Polonia, e tamén é a illa máis asollada do Mar Báltico,[1] de aí o seu alcumo "Illa do Sol" (alemán: Sonneninsel, polaco: Wyspa Słońca[2]).
A illa foi un destino turístico desde o Gründerzeit no século XIX, e presenta arquitectura de complexo turístico. Balnearios inclúen a Zinnowitz e os Amber Spas no oeste, o Kaiserbad eŚwinoujście no leste.