![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/Val_da_Louri%25C3%25B1a.jpg/640px-Val_da_Louri%25C3%25B1a.jpg&w=640&q=50)
Val da Louriña
comarca histórica da provincia de Pontevedra / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Louriña.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 34.203 (2015) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 114,4 km² ![]() | |||
Pechar
Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).