Valladolid Rugby Asociación Club
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Valladolid Rugby Asociación Club ou VRAC (denominado VRAC Quesos Entrepinares por razóns de patrocinio) é un club deportivo adicado ó rugby que foi fundado no ano 1986 na cidade de Valladolid, e que leva competindo na División de Honra dende a tempada 1991/92.
Datos rápidos Nome, Alcume(s) ...
Nome | Valladolid Rugby Asociación Club | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Queseros | ||
Fundación | 1986 | ||
Sede | Valladolid, España | ||
Estadio(s) | Campos de Pepe Rojo | ||
Capacidade | 2.500 asentos espectadores | ||
Presidente | José María Valentín-Gamazo | ||
Adestrador | Diego Merino | ||
Capitán | Pablo César Gutiérrez | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2019-20 | Campión | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.valladolidrac.com/ | |||
Pechar
O equipo xoga os seus encontros como local no estadio Pepe Rojo da capital castelán leonesa, que ten capacidade para acoller a 2.500 persoas. Comparte estas instalacións co seu principal rival deportivo, o Club de Rugby El Salvador.
Por mor do seu tradicional patrocinador, unha empresa local adicada á fabricación de queixos, o equipo e mais os seareiros deste club son chamados "queseros".