Variabilidade xenética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A variabilidade xenética é a capacidade que ten un sistema biolóxico, individuo e poboación, de cambiar co tempo. A base da varaibilidade xenética é a variación xenética en diferentes sistemas biolóxicos no espazo.[1][2][3] A variabilidade xenética é tamén unha medida da tendencia dos xenotipos individuais nunha poboación a variar dun a outro.
Propiamente falando, a variabilidade é distinta da diversidade xenética, que é a cantidade de variacións observadas nunha determinada poboación, aínda que son conceptos relacionados.[4] A variabilidade dun trazo describe a tendencia dun trazo a variar en responsta ás influencias do ambiente e xenéticas.[4] A variabilidade xenética nunha poboación é importante para a biodiversidade,[5] porque sen variabilidade é difícil que unha poboación se adapte aos cambios ambientais e é máis fácil que se extinga.
A variabilidade é un factor importante en evolución, xa que afecta á resposta dun individuo ao estrés ambiental e pode levar á supervivencia diferencial de organismos dentro dunha poboación debido á selección natural das variantes mellor adaptadas. A variabilidade xenética tamén subxace na susceptibilidade diferencial dos organismos a enfermidades e sensibilidae a toxinas ou fármacos, un feito que ten grande interese na medicina personalizada debido aos avances do proxecto xenoma humano e os esforzos para mapar toda a variación xenética humana como os do proxecto HapMap.