From Wikipedia, the free encyclopedia
Chámase Vepsia (en vepsio: Vepsänma) á área na que habita o pobo vepsio. O territorio actual onde habitan os vepsios está entre os lagos Ladoga, Äänisjärv e Valgjärv, onde viven en tres grupos separados. O primeiro, os Äänis- ou grupo do norte está situado en Carelia, preto de Äänisjärv, ao sur de Petroskoi. Estes chámanse así mesmo lüdinik ou lüdilainen. Os vepsios centrais, o grupo máis numeroso, viven na rexión de San Petersburgo da Federación Rusa, no río Oyat. Os vepsios do sur viven na parte máis oriental da rexión de San Petersburgo, no extremo noroccidental da provincia de Vologda, no río Leedjõgi. Os vepsios centrais e do sur teñen contacto infrecuente, e os vepsios do norte están separados deles polo río Süväri e por asentamentos rusos interpostos.
Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | Rusia | ||
Óblasts | Oblast de Vologda (pt) | ||
Distrito municipal | Babayevsky District (en) | ||
Rural settlement in Russia (en) | Veps National rural settlement (en) | ||
Poboación | |||
Lingua usada | Lingua vepsa lingua rusa | ||
A división xeográfica e administrativa é a razón pola cal tan só uns poucos vepsios (o 0.7 % deles) teñen algunha idea do número e localización dos seus compatriotas. Dende 1928, algúns vapsios do sur, tentando escapar da colectivización, emigrasen á Siberia, onde viven nun pobo na rexión de Kemerovo (85 familias en total). Hai tamén outros grupos de vepsios dispersos polos países da extinta Unión Soviética, sendo Ucraína o país no que máis vepsios habitan, logo de Rusia.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.