Carelia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Carelia
Remove ads

Carelia (en carelio, finés e estoniano: Karjala; ruso: Карелия, Karelija, historicamente Корела, Korjela; sueco: Karelen), a terra do pobo carelio, é unha rexión da Europa setentrional de importancia histórica para Finlandia, Rusia e Suecia. Actualmente a rexión está dividida entre Finlandia (formando as rexións de Carelia do Norte e Carelia do Sur), e o noroeste de Rusia (formando os suxeitos federais da República de Carelia e o óblast de Leningrado).

Datos rápidos Localización, Xeografía ...
Thumb
Mapa das rexións tradicionais de Carelia.
Remove ads

Historia

Artigo principal: Historia de Carelia.

As primeiras probas de presenza humana na rexión datan da idade do xeo, aproximadamente 7 ou 6 milenios AEC, e adicábanse á caza e á pesca. Tratábase de tribos fino-ugrias (Korela, Sum, Ves e Saami) que habitaron as áreas do istmo de Carelia e o norte do lago Ladoga, entre este e o lago Onega (Ves), e máis ao norte (Saami), mais posteriormente estendéronse ata a costa do mar Branco, ao mesmo tempo que tribos eslavas penetraron neses territorios e axudaron no desenvolvemento de actividades como a agricultura e o comercio marítimo. No primeiro milenio AEC as persoas que habitaban a rexión puideron extraer e procesar o ferro, así como cultivar e criar gando.[1]

Remove ads

Política

Véxase tamén: Cuestión de Carelia.
Thumb
Sede do Parlamento da República de Carelia.

Carelia encóntrase politicamente dividida entre Finlandia e Rusia. A República de Carelia é un suxeito federal constituído como tal en 1991 a partir da República Autónoma Socialista Soviética de Carelia.[2] O istmo de Carelia pretence administrativamente ao óblast de Leningrado,[3] logo de que Finlandia cedera o territorio logo da Guerra de Inverno en 1940.[4] A parte finlandesa consiste en partes das rexións (en finés maakunta) de Carelia do Norte e Carelia do Sur.[5]

Remove ads

Lingua

Artigo principal: Lingua carelia.

A lingua carelia é a lingua propia do pobo carelio. Trátase dunha lingua urálica da pola das linguas fino-bálticas estreitamente relacionada co finés.[6]

Calcúlase que hai un total de 30 000 falantes de carelio,[7] con todo, debido ás migracións posteriores á segunda guerra mundial o pobo carelio vive disperso por toda Finlandia e o carelio non é falado como idioma comunitario local.[8]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads