Vespertilionidae
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os vespertiliónidos (Vespertilionidae) son unha familia de morcegos, habitantes principalmente das zonas temperadas do planeta.
Vespertilionidae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Plecotus auritus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||
|
É a familia máis diversificada de morcegos, distribúense por toda clase de hábitats, desde tropicais até desérticos. O seu tamaño varía entre os 3 e 10 cm e de 4 a 50 g de peso, ollos pequenos e folla nasal ausente; orellas moi longas nalgúns xéneros, como Plecotus e Histiotus; trago usualmente presente.[1]
De 28 a 38 dentes e coa fórmula dentaria , en especies con poucos dentes faltan os premolares, maioritariamente insectívoros, a excepción de Myotis vivesi e Antrozous pallidus, que consomen peixes e escorpións respectivamente.
Os vespertiliónidos aniñan en covas e outros refuxios. Segundo a especie, poden ser solitarios ou gregarios; as especies de zonas temperadas poden emigrar ou hibernar.