Especie de camélido suramericano From Wikipedia, the free encyclopedia
A vicuña[2], (Vicugna vicugna) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos camélidos e do grupo dos camélidos suramericanos que mora no altiplano andino, entre os 3 000 aos 4 600 metros por riba do nivel do mar, no noroeste da Arxentina, o oeste de Bolivia, o nordés de Chile, sectores dos Andes do Ecuador, e nas alturas andinas do Perú, país que posúe a principal poboación da especie. Especificamente pace na puna, unha estepa elevada, desértica e desprovida de árbores, localizada por riba das zonas cultivadas.
Vicuña | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vicuña no sur do Perú, Rexión Arequipa. | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Vicugna vicugna Molina, 1782 | |||||||||||||||||||
Distribución da vicuña. |
A alpaca é unha especie domesticada que deriva da vicuña, con achegas xenéticas menores da llama.[3] É o animal que posúe o menor tamaño dentre os camélidos andinos, chegando, no máximo, a 1,30 metros de altura e podendo pesar até 40 kg. A súa pelaxe é moi fina e ten alto valor comercial; por ese motivo, a vicuña estivo a piques da extinción por mor dos cazadores ilegais. A poboación de vicuñas, que chegou a ter apenas 25 000 exemplares, chega actualmente case a 170 000 (aproximadamente 100 000 viven no Perú) e o número vén crecendo nunha media do 8% por ano.
A verba galega vicuña (en portugués: vicunha) provén do quechua huik'uña, a través do español americano vicuña[4].
A vicuña está ben adaptada á vida nese ambiente inhóspito. A súa pelaxe está constituída da la da mellor calidade, que é moi valorada e utilizada polo ser humano desde a era precolombiana. Esta la protéxea do extremo frío e dos fortes ventos da puna e serve como un acolchamento para o corpo cando descansa no chan. En comparación cos camelos do vello mundo, a vicuña posúe cascos máis profundamente bipartidos, permitindo que camiñe e corra con máis xeito nas abas rochosas, penedos e pedras soltas, comúns na puna (Koford, 1957). Outra importante adaptación son os dentes semellantes aos de roedores, que crecen acotío e permiten que a vicuña se alimente de pequenos arbustos herbáceos e gramíneas perennes a rentes do chan. A vicuña é o único ungulado que posúe incisivos de raíz aberta e crecemento continuo. A vicuña é un dos catro representantes vivos da familia dos camelos que atopamos en América do Sur, sendo os outros tres o guanaco (Lama guanicoe), a llama (Lama glama) e a alpaca (Vicugna pacos). A vicuña e o guanaco son especies salvaxes, mentres que a llama e a alpaca son domesticadas.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.