Andes

cordilleira montañosa de América do Sur From Wikipedia, the free encyclopedia

Andesmap
Remove ads

A cordilleira dos Andes ou Andes (en quechua: urqukuna 'as montañas' ou Anti suyu urqukuna 'as montañas do Andesuyo') é a cordilleira continental máis longa do mundo, formando unha terra alta continua ao longo do bordo occidental de América do Sur. Ten unha lonxitude de 8500 quilómetros, de norte a sur, polo que é a cordilleira continental máis longa da Terra,[1]. e un ancho variable de entre 250 e 750 km.[2][3] (a zona máis ancha atopase entre os paralelos 18°S e os 20°S de latitude) Ocupa unha superficie aproximada de 2 870 000 km².[4] A súa altitude media está entre 3000 e 4000 m s. n. m.,[2] alberga os volcáns máis altos do planeta e o seu punto máis alto é o Aconcagua, cuxos 6962 m s. n. m.[5] fan desta montaña a máis alta do planeta fora de Asia. Pola súa importante actividade volcánica forma parte do cinto de lume do Pacífico.

Datos rápidos Tipo, Situado na entidade xeográfica ...
Thumb
Imaxe de satélite dos Andes. Fonte: NASA.
Thumb
Cono de Arita, Provincia de Salta (Arxentina).

Nace no extremo sur, en Terra de Fogo, atravesando os territorios da Arxentina, Chile, Bolivia, o Perú, Ecuador, Colombia e o oeste de Venezuela. Abrangue unha superficie aproximada de 2 870 000 km².[6]

Na zona central, os Andes ensánchanse, dando lugar ás mesetas elevadas do altiplano e a puna, compartidas coa Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. Desde o altiplano central cara ao norte do Perú e en Ecuador vólvese angosta novamente e en Colombia vólvese ancha ao dividirse en tres ramais, Cordilleira Occidental, Cordilleira Central e Cordilleira Oriental esta última continúa cara a noroeste entrando en Venezuela converténdose na Cordilleira de Mérida. Desde o altiplano cara ao sur, a cordilleira ten dirección xeral norte-sur, zona na que se achan as montañas máis altas. No extremo austral, curva e toma dirección este-oeste e afúndese no océano Atlántico ao leste da illa dos Estados.[7]

Formouse ao final da era Mesozoica, a finais do Cretáceo tardío, polo movemento da converxencia da placa de Nazca debaixo da placa suramericana. Na configuración do seu relevo tiveron máis importancia os movementos sísmicos e a actividade volcánica posteriores que os axentes erosivos externos. Na morfoloxía actual atópanse elevadas cordilleiras, xunto con extensos altiplanos e profundos vales lonxitudinais paralelos aos grandes eixos montañosos. Os vales transversais son escasos, salvo nos Andes arxentinos-chilenos.

Moitos dos principais depósitos de minerais metálicos do mundo están asociados con bordos de placas converxentes, como os Andes ou as montañas Rochosas.[Cómpre referencia]


Remove ads

Etimoloxía

Thumb
Machu Picchu, antigo poboado incaico nos Andes centrais.

O nome Ande(s) aparece de xeito temperán nas crónicas para referir a cadea montañosa e faino tamén no segundo dicionario quechua de 1586.[8] Este uso deriva probablemente de maneira directa do nome dun dos suyos ou grandes parcialidades do Imperio Inca, o Andesuyo ou Antisuyu (que significa literalmente 'rexión dos antis'). Respecto deste último nome, explica o Inca Garcilaso de la Vega nos seus Comentarios reales de los incas o seguinte:

Os reis Incas dividiron o seu imperio en catro partes que chamaron Tihuantin-Suyu, que quere dicir “As catro partes do mundo” conforme ás catro partes principais do ceo: oriente, poñente, setentrión e mediodía. Puxeron á parte oriente Antisuyu, por unha provincia chamada Anti que está ao oriente, pola cal tamén chaman Anti a toda aquela cordilleira de serra nevada que pasa a oriente do Perú.
Inca Garcilaso de la Vega

Unha proposta etimolóxica estendida atribúe o nome do Antisuyo a un termo xeográfico quechua anti, que hoxe en día significa 'oriente, punto cardinal por onde sae o sol'.[9][10][11] É máis probable, con todo, que o significado como punto cardinal se derive do nome da rexión xeográfica e non ao revés. O sentido de 'oriente' non aparece en ningún dos vocabularios quechuas temperáns. De feito, anti e anteruna aparecen no dicionario da xesuíta Diego González Holguín apenas definidos como 'habitante dos Andes'.[12] É probable, entón, que Andesuyo ~ Antisuyo deriven dun topónimo ou do nome do grupo étnico anti (o que á súa vez require ser explicado etimoloxicamente).

A relación entre as palabras de pronuncia similar anti (pronunciado [antɪ] ou [andɪ]) e anta [anta ~ anda], que significa 'cobre', é, por outra banda, moi dubidosa.[13][14] Como anotou o filólogo alemán Johann Karl Eduard Buschmann, o quechua mantén a a final en palabras compostas, como en Antamarka ('provincia do cobre').[15][16].

A forma castelá, con letra d, revela que o préstamo tomouse dalgunha variedade que presentaba o fenómeno de sonorización de oclusivas tras unha consoante nasal (probablemente da antiga variedade quechua chinchaysuya, o dialecto utilizado como lingua xeral na época incaica), tal como ocorreu con outros quechuismos escritos hoxe cóndor, tambou ou pongou. Todos eses termos pronúncianse aínda nas variedades surandinas con oclusivas xordas: anti, kuntur, tampou, punkou. A tradición garcilasiana, que adoita restrinxirse nos seus étimos ao quechua cuzqueño, atribuíu incorrectamente esas sonorizacións a unha suposta «corrupción» dos oíntes españois, cando en realidade se trata dun fenómeno plenamente quechua.

Remove ads

Xeoloxía

A capa sólida superficial da Terra, chamada litosfera, está dividida en fragmentos relativamente ríxidos, chamadas placas tectónicas, que se moven sobre a astenosfera, unha zona relativamente plástica. Existen 15 grandes placas e máis de 40 micro placas. As placas inclúen unha capa superior chamada codia a que pode ser codia oceánica ou continental e así as placas poden clasificarse en placas oceánicas e mixtas. A cordilleira dos Andes orixínase pola interacción da placa oceánica de Nazca coa parte continental da placa suramericana. Na rexión central dos Andes, atópase o Oroclinal de Bolivia, unha curvatura prominente que resulta destas interaccións tectónicas.[17] Nas súas zonas norte e sur, tamén participan no proceso as placas de Cocos, antártica e a microplaca dos Andes do norte.

Thumb
Perfil simplificado da situación actual ao longo de gran parte dos Andes

Os límites entre placas poden clasificarse segundo o tipo de movemento relativo entre elas. Poden ser diverxentes, converxentes ou de fricción. A formación de montañas continentais, proceso chamado oroxénese, así como os terremotos, teñen lugar nos límites converxentes. Nestes poden darse procesos de subdución ou colisión. Os procesos de colisión ten lugar cando dúas masa continentais achéganse entre si. O proceso de subdución ocorre cando unha das placas se prega, cara ao interior da Terra, e introdúcese baixo a outra. Os Andes levantáronse pola subdución de placas oceánicas por baixo da placa suramericana. As placas que actualmente son subducidas son a de Cocos, Naza e a Antártida. A subdución das placas de Nazca ten unha velocidade de 7-9 cm/ano e a da Antártida, de 2 cm/ano.[18] Os procesos de subdución inclúen a xeración dunha fosa oceánica que no caso dos Andes é a fosa de Perú-Chile ou de Atacama.

A cordilleira dos Andes posúe actividade volcánica que están asociados a un ángulo de converxencia das placas oceánicas maior a 25°[18] e á fusión parcial da cuña do manto que adoita ocorrer en zonas de subdución.

A marxe occidental de Suramérica fora escenario de varias oroxenias en distintas eras xeolóxicas. Pero o proceso principal polo cal a cordilleira legou á súa configuración actual, denominado oroxenia andina vén actuando desde o Xurásico até o presente. Con importantes períodos de reorganización no Cretáceo (fai 90 millóns de anos) e no Oligoceno (30 Ma).

Nos Andes peruanos e patagóns, gran parte dos macizos corresponden a batólitos de tonalita, granito, diorita e granodiorita que corresponden a antigas cámaras magmáticas que foron deixadas ao descuberto por unha combinación de alzamento tectónico e erosión. Os batólitos máis grandes son o batólito costeiro peruano e o batólito patagón.

Oroxenia

O bordo occidental da placa suramericana foi o lugar de varias oroxenias preandinas desde polo menos finais do Proterozoico e principios do Paleozoico, cando varios terreos e microcontinentes chocaron e se amalgamaron co antigo cratóns do leste de Suramérica, por entón a parte suramericana de Gondwana.

A formación dos Andes modernos comezou cos acontecementos do Triásico, cando Panxea comezou a ruptura que deu lugar ao desenvolvemento de varias fendas. O desenvolvemento continuou durante o Xurásico. Foi durante o Cretáceo cando os Andes empezaron a tomar a súa forma actual, polo levantamento, fallamento e pregamento de rochas sedimentarias e metamórficas dos antigos cratóns. O levantamento dos Andes non foi constante, xa que diferentes rexións tiveron diferentes graos de tensión tectónica, levantamento e erosión.

Alén da Pasaxe de Drake, de 800 quilómetros de ancho, atópanse as montañas da Península Antártica, ao sur da placa Scotia que parecen ser unha continuación da cordilleira dos Andes.

As rexións do extremo oriental dos Andes experimentan unha serie de cambios derivados da oroxenia andina. Partes da oroxenia de Sunsás no cratón amazónico desapareceron da superficie terrestre, ao ser anuladas polos Andes.[19] As Sierras de Córdoba, onde se observan os efectos da antiga oroxenia pampeana, deben o seu levantamento e relevo modernos á oroxenia andina do Terciario.[20] Máis ao sur, na Patagonia meridional, o inicio da oroxenia andina fixo que a conca de Magallanes pasase de ser unha conca de retroarco extensional no Mesozoico a ser unha conca de antepaís compresional no Cenozoico.[21]

Actividade sísmica

As forzas tectónicas sobre a zona de subdución ao longo de toda a costa oeste de Suramérica, onde a placa de Nazca e unha parte da placa antártica deslízanse baixo a placa suramericana, seguen producindo unha evento oroxénico continua que dá lugar a terremotos de menor a maior magnitude e erupcións volcánicas até o día de hoxe. Na rexión rexistráronse numerosos terremotos de gran magnitude, como o terremoto do Maule de 2010 (M8,8), o terremoto de Coquimbo de 2015 (M8,2) e o terremoto de Valdivia de 1960 (M9,5), que en 2024 foi o máis forte xamais rexistrado polos sismómetros.

A cantidade, magnitude e tipo de actividade sísmica varía enormemente ao longo da zona de subdución. Estas diferenzas débense a unha ampla gama de factores, como a fricción entre as placas, o ángulo de subdución, a flotabilidade da placa en subdución, a velocidade de subdución e o valor de hidratación do material do manto. A maior taxa de actividade sísmica obsérvase na parte central do límite, entre 33°S e 35°S. Nesta zona, o ángulo de subdución é moi baixo, o que significa que a placa subdutora é case horizontal. Os estudos sobre a hidratación do manto ao longo da zona de subdución mostraron unha correlación entre o aumento da hidratación do material e unha actividade sísmica de menor magnitude e máis frecuente. Pola contra, crese que as zonas que presentan deshidratación teñen un maior potencial de sufrir terremotos de maior magnitude no futuro.[22]

A cordilleira é tamén unha fonte de terremotos pouco profundos intraplaca dentro da placa suramericana. O maior terremoto deste tipo (en 2024) terremoto de Satipo de 1947 produciuse no Perú en 1947 e tivo unha magnitude de Ms. 7.5. Nos Andes peruanos, estes terremotos presentan mecanismos normais (1946), de deslizamento (1976) e inversos (1969, 1983). O cratón amazónico atópase baixo a rexión subandina do Perú, producindo fallas de cabalgamento.[23] En Colombia, Ecuador e Perú, as fallas de pulo prodúcense ao longo dos sub-Andes debido á compresión provocada pola subdución, mentres que nos altos Andes, as fallas normais prodúcense en resposta ás forzas gravitacionais.[24]

No extremo sur, unha importante falla transformante separa o Arquipélago de Terra de Fogo da pequena placa de Scotia.

Volcanismo

Thumb
Val do Rift preto de Quilotoa, Ecuador
Thumb
Esta foto da ISS mostra as chairas altas da Cordillera dos Andes en primeiro plano, cunha liña de volcáns novos mirando cara ao deserto de Atacama, moito máis baixo.

A cordilleira de dos Andes conta con numerosos volcáns activos distribuídos en catro zonas volcánicas separadas por áreas de inactividade. O vulcanismo andino é o resultado da subdución da placa de Nazca e a placa antártica baixo a Placa Suramericana. O cinto se subdivide en catro zonas volcánicas principais que están separadas entre si por brechas volcánicas. Os volcáns do cinto son diversos en canto a estilo de actividade, produtos e morfoloxía.[25] Aínda que algunhas diferenzas poden explicarse pola zona volcánica á que pertence un volcán, existen diferenzas significativas dentro das zonas volcánicas e mesmo entre volcáns veciños. A pesar de ser un lugar típico para o vulcanismo calcoalcalino e de subdución, o cinto volcánico andino ten unha gran variedade de escenarios volcano-tectónicos, tales como sistemas de rift, zonas extensionais, transpresionais, subdución de dorsais oceánicas medias e cadeas de montes submarinos, ademais dunha gran variedade de espesores da cortiza e traxectorias de ascenso do magma, e diferentes cantidades de asimilacións da cortiza.

Xacementos de minerais e evaporacións

A Cordilleira dos Andes alberga grandes depósitos de mineral e sal, e algúns dos seus cintos de dobra e pulo do leste actúan como trampas para cantidades de hidrocarburos explotables comercialmente. Nas terras do deserto de Atacama atópanse algunhas das maiores mineralizacións de pórfiro de cobre, o que converte a Chile e Perú no primeiro e segundo exportador de cobre do mundo. O pórfiro de cobre das ladeiras occidentais dos Andes xerouse por fluídos hidrotermais (na súa maioría auga) durante o arrefriado de Intrusións ou sistemas volcánicos. A mineralización do pórfiro beneficiouse aínda máis do clima seco que reduciu as perturbadoras accións da auga meteorolóxica. O clima seco nos Andes centrooccidentais tamén levou á creación de extensos depósitos de salitre que foron amplamente explotados até a invención dos nitratos sintéticos. Outro resultado do clima seco son os salares de Atacama e Uyuni, sendo o primeiro a maior fonte de litio e o segundo a maior reserva mundial deste elemento. A intrusión do Mesozoico temperán e o Neoxeno na Cordilleira Central de Bolivia creou o cinto de estaño boliviano, así como os famosos depósitos de prata de Cerro Rico en Potosí, agora case esgotados.

Remove ads

Descrición física

Thumb
Alpamayo no Perú.

A formación dos Andes data do período Terciario. A acción continua das forzas tectónicas o largo de zona de subdución entre as placas de Nazca e a Suramericana son as causantes da formación desta cordilleira, este fenómeno ocorre a través dos bordos converxentes. Esta actividade modificou a súa morfoloxía e composición, por efecto dos afundimentos e levantamentos da codia. Esta acción da como resultado que a zona sexa de grande actividade sísmica e volcánica. Así podemos destacar volcáns da zona como o Cotopaxi e Chimborazo en Ecuador, e Ojos del Salado en Chile. Os Andes poden ser divididos en tres seccións: Andes Setentrionais, Andes Centrais e Andes Meridionais.

Andes Setentrionais

Os Andes Setentrionais comezan en Venezuela, na cordilleira de Meriada, que chega a alcanzar os 5000 metros nalgúns puntos. Esta únese a cordilleira Oriental de Colombia constituíndo unha cadea montañosa paralela coa cordilleira Central e esta coa cordilleira Occidental. Entre elas constitúense o Valle del Cauca entre as cordilleiras Occidental e Central, e o Val do Magdalena entre a Central e o Oriental.

A cordilleira Occidental é polo xeral dunha altura menor. A Central é moito máis elevada con cumios de máis de 5000 metros. Pola su parte a Oriental e máis fragmentaria e contén numerosas cristas e mesetas altas, onde nunha delas está situada Bogotá. A cordilleira Central e a Oriental o chegar o Ecuador únense formando unha soa cordilleira. A partir de aquí só hai que distinguir a cordilleira Occidental e a cordilleira Oriental

Andes Centrais

Na altura do Perú as dúas cordilleiras que en Ecuador non tiñan máis que unha separación de 60 km chegan a alcanzar unha distancia entre si de ata 700 km, formando altas mesetas moldeadas pola erosión, nas que poden haber lagos, como é o caso do lago Titicaca. Neste sector dos Andes a cordilleira Oriental é aínda a máis alta de media. Pola contra a cordilleira occidental é unha das cadeas montañosas máis volcánicas do mundo.

A medida que os Andes vanse aproximando a Chile e a Arxentina a separación entre as dúas cordilleiras vaise diminuíndo ata chegar a desaparecer e formar un só bloque.

Andes Meridionais

Caracterízase pola progresiva desaparición ao sur, chegando a diminuír a súa altitude ata os 3000 metros. Hai que destacar a zona norte de Chile e a Arxentina onde se sitúan picos dunha grande altitude como é o caso do Aconcagua. Segundo se vai cara ao sur é característico o labor de erosión levado a cabo polos glaciares, moldeando a montaña.

Remove ads

Cumios máis altos

O maior cume da cordilleira dos Andes é o Aconcagua que, con 6960,8 msnm,[5] é o punto máis alto do mundo fora do asiático sistema dos Himalaias, ademais de ser o cume de maior altitude dos hemisferios sur e occidental. Sitúase en Mendoza, Arxentina.

Arxentina e Chile comparten os picos máis altos dos Andes; entre eles, o Nevado Ojos del Salado, o volcán máis alto do mundo[26][27] e o segundo cume máis alto do continente. Estes cumes son seguidos pola cordilleira Branca situada no Perú, a cordilleira Real de Bolivia e Andes ecuatorianos.

No sur do Perú, cerca do Cuzco, atópase a cordilleira de Vilcanota, onde está situado o glaciar Quelccaya, o glaciar máis extenso de toda a zona intertropical do mundo.[28][29] Esta singularidade permitiu estudar nos seus xeos os cambios climáticos ocorridos no trópico desde a última era glacial.

Máis información Altitude, Nome ...
Máis información Altitude, Nome ...
Thumb
O Aconcagua, na Arxentina, é con 6960,8 msnm o punto máis alto do mundo fóra do sistema dos Himalaias en Asia, ademais de ser o cume de maior altitude dos hemisferios meridional e occidental
Thumb
O Nevado Ojos del Salado, entre a Arxentina e Chile, é o volcán máis alto do mundo e o segundo cume máis alto do continente con 6891,3 msnm.
Thumb
O Nevado Huascarán, no Perú, é o cume máis alto da zona intertropical con 6768 msnm.
Thumb
O Nevado Sajama, en Bolivia, con 6542 msnm.
Thumb
O Volcán Chimborazo de 6310 msnm en Ecuador, é o punto terrestre máis próximo o Sol.
Thumb
O Nevado del Huila, en Colombia, con 5750 msnm.
Thumb
O Pico Bolívar, en Venezuela, con 4978 msnm.
Remove ads

Historia

A cordilleira de Andes, habitada inicialmente por cazadores-recolectores, experimentou o desenvolvemento da agricultura e o auxe das civilizacións politicamente centralizadas, que culminaron co establecemento do Imperio Inca, que durou un século. Todo isto cambiou no século XVI, cando os conquistadores españois colonizaron as montañas ante o auxe a economía mineira.

Na marea do nacionalismo antiimperialista, os Andes convertéronse no escenario dunha serie de guerras de independencia, no século XIX, cando as forzas rebeldes arrasaron a rexión para derrocar o dominio colonial español. Apartir de ai, moitos antigos territorios españois convertéronse en cinco estados andinos independentes.

Remove ads

Clima e hidroloxía

Thumb
Andes centrais
Thumb
Andes bolivianos

O clima nos Andes varía moito segundo a latitude, a altitude e a proximidade ao mar. A temperatura, a presión atmosférica e a humidade diminúen a medida que se ascende. A zona sur é chuviosa e fresca, mentres que a zona central é seca. Os Andes setentrionais son tipicamente chuviosos e cálidos, cunha temperatura media de 18 °C (64 °F) en Colombia. O clima é coñecido por cambiar drasticamente en distancias bastante curtas. Existen selvas tropicais a poucos quilómetros do pico nevado do Cotopaxi. As montañas teñen un gran efecto nas temperaturas das zonas próximas. A liña de neve depende da localización. Está entre os 4.500 e os 4.800 m nos Andes tropicais ecuatorianos, colombianos, venezolanos e do norte do Perú, elevándose ata os 4.800–5.200 m nas montañas máis secas do sur do Perú e do norte de Chile ata uns 30°S antes de descender ata os 4.500 m no Aconcagua a 32°S , 2.000 m a 40°S , 500 m a 50 °S e só 300 m en Terra do Fogo a 55°S ; a partir dos 50°S, varios dos glaciares máis grandes descenden ata o nivel do mar.[32]

Os Andes de Chile e Arxentina pódense dividir en dúas zonas climáticas e glaciolóxicas: os Andes secos e os Andes húmidos. Dado que os Andes secos esténdense desde as latitudes do Deserto de Atacama até a zona do río Maule, as precipitacións son máis esporádicas e danse fortes oscilacións de temperatura. A liña de equilibrio pode desprazarse drasticamente en períodos curtos de tempo, deixando todo un glaciar na zona de ablación ou na zona de acumulación de xeo.

Nos altos Andes do centro de Chile e na provincia de Mendoza, os glaciares rochosos son máis grandes e comúns que os glaciares, debido á alta exposición á radiación solar.[33] Nestas rexións, os glaciares adoitan atoparse a altitudes máis elevadas que os glaciares rochosos.[34] Os glaciares rochosos activos máis baixos atópanse a 900 m sobre o nivel do mar no Aconcagua.[34]

Thumb
A rexión dos Yungas entre Bolivia e Perú, parte dos Andes tropicais.

Aínda que as precipitacións aumentan coa altitude, nas montañas máis altas dos Andes, de case 7000 m, danse condicións semiáridas. Este clima seco de estepa considérase típico da posición subtropical nos 32-34° S. Os fondos dos vales non teñen bosques, só matogueiras ananas. Os glaciares máis grandes, como o glaciar Chumbo e os glaciares Horcones, non alcanzan nin sequera o 10 km de lonxitude e teñen un espesor de xeo insignificante. Con todo, na época glacial, fai uns 20 000 anos, os glaciares eran máis de dez veces máis longos. No lado leste desta sección dos Andes mendocinos, descendían ata os 2060 m e no lado oeste ata uns 1220 m sobre o nivel do mar.[35][36] Os macizos do Aconcagua (6961 m), Tupungato (6550 m) e Nevado Juncal (6110 m) atópanse a decenas de quilómetros de distancia entre si e estaban conectados por unha rede conxunta de correntes de xeo. Os brazos dendríticos dos glaciares de Ándelos, compoñentes dos glaciares de val, tiñan ata 112,5 km de lonxitude e máis de 1250 m de espesor, e abarcaban unha distancia vertical de 5150 m. A liña de neve climática dos glaciares (ELA) reduciuse de 4600 m a 3200 m nas épocas glaciales. [35][37]

Remove ads

Flora

Thumb
Laguna de Sonso bosque tropical seco nos Andes do Norte

A rexión andina atravesa varias rexións naturais e florísticas, debido á súa extensión, desde o Caribe venezolano ata o frío, ventoso e húmido Cabo de Fornos, pasando polo hiperárido deserto de Atacama. Selvas tropicais e bosques tropicais secos.[38] adoitaban[cando?] rodear gran parte dos Andes setentrionais, pero agora diminuíron moito, especialmente no Chocó e nos vales interandinos de Colombia. Fronte ás ladeiras andinas húmidas atópanse as ladeiras andinas relativamente secas na maior parte do oeste do Perú, Chile e Arxentina. Xunto con varios vales interandinos, adoitan estar dominados por bosques caducifolios, arbustos e vexetación xerófila, que chegan ao extremo nas ladeiras preto practicamente do deserto de Atacama.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads