Serie de televisión creada por Michael Hirst From Wikipedia, the free encyclopedia
Vikings é unha serie de televisión coproducida entre o Canadá e Irlanda, ambientada neste último país. Foi creada por Michael Hirst para o canal de televisión The History Channel e estreouse nos Estados Unidos e no Canadá o 3 de marzo de 2013.
Formato | Drama histórico |
---|---|
Creado por | Michael Hirst |
Dirixido por | John Bartley |
Intérpretes | Travis Fimmel Clive Standen Gabriel Byrne Nathan O'Toole Katheryn Winnick Jessalyn Gilsig George Blagden Gustaf Skarsgård Donal Logue |
Tema de apertura | If I Had a Heart (Fever Ray) |
País de orixe | Canadá Irlanda |
Episodios | 89 |
Duración | 45 min/cap. aprox. |
Distribuidor | Warner Bros |
Canle de orixe | The History Channel |
Primeiro episodio | 3 de marzo de 2013 |
Na rede | |
http://www.history.com/shows/vikings | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie está baseada nas lendas sobre o rei semilendario viquingo Ragnar Lodbrok recollidas nas Sagas Islandesas. A serie retrata a Lodbrok como un guerreiro e navegante curioso, tecnoloxicamente innovador, ambicioso e rebelde. A historia comeza coa insubordinación de Ragnar Lodbrok ao xefe do seu clan, Conde Haraldson, para viaxar co seu propio barco ao oeste en lugar do leste como ordenara o Conde que era o dono dos barcos, amosándoo así coma o primeiro viquingo en saquear as Illas Británicas.
Personaxe | Actor | Descrición |
---|---|---|
Ragnar Lodbrok | Travis Fimmel | Ragnar Lodbrok é un granxeiro ambicioso, casado con Lagertha e pai dun fillo, Bjorn, e unha filla, Gyda. Enfróntase ao Conde Haraldson ante a insistencia deste en saquear os territorios do leste, tan pobres como os escandinavos, en lugar dos do oeste. Co diñeiro dos saqueos paga a construción dun barco para explorar, cun grupo de leais, os territorios do oeste apoiado en innovacións técnicas como o precursor do compás. |
Conde Haraldson | Gabriel Byrne | O Conde Haraldson é o xefe da comunidade á que pertence Ragnar Lodbrok, á que goberna con man de ferro. É un home atormentado polo asasinato dos seus dous fillos varóns, que se conforma na súa vellez cos improdutivos saqueos do oeste. Entende a proposta de Lodbrok coma un desafío á súa posición e o éxito nas súas expedicións coma unha ameaza. |
Ladgerda | Katheryn Winnick | É unha escudeira, unha guerreira, e muller de Ragnar Lodbrok. De forte carácter tanto protexe a casa e a familia na ausencia de Ragnar coma o acompaña nas expedicións. |
Floki | Gustaf Skarsgård | Libremente baseado no deus nórdico Loki, é un construtor de barcos quen deseña e constrúe o barco de Ragnar Lodbrok, acompañándoo tamén na súa travesía. |
Athelstan | George Blagden | É un xove monxe cristián que vive no mosteiro de Lindisfarne, na costa de Northumbria. Os viquingos de Lodbrok arrasan o mosteiro e asasinan a tódolos ocupantes agás a Athelstan, a quen Ragnar tomará coma servo para coñecer a lingua e costumes do reino invadido. Pouco a pouco vai converténdose ás crenzas pagás. |
Rollo | Clive Standen | Irmán de Ragnar, e cunha relación tormentosa con este. Nun principio comezan as travesas nunha posición de igualdade pero o ascenso de Ragnar unha gran envexa no seu irmán e os primeiros problemas. Baséase no Rollo histórico, Hrolf Ganger, que foi o primeiro Duque de Normandía. |
Xa fóra da trama
Aínda presentes
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.