Loki
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Loki en islandés e Loke nas linguas escandinavas continentais (sueco, noruegués e danés) e en variantes xermánicas Lohho é un deus da mitoloxía nórdica. É o deus das bromas e o engano, un ser malévolo e traizoeiro,[1] crese que iniciaría o Ragnarök e ademais é considerado covarde, egoísta e luxurioso.[2]
Entrou en Asgard, o fogar dos deuses, ao conseguir facerse irmán de sangue de Odín a través dun pacto no que compartiron o sangue aínda que era descendente de xigantes.[2]

Loki foi pai de bestas como o lobo Fenrir e a serpe Jörmungandr, e chegou a estar preñado tras comer un corazón de muller e del naceu Sleipnir, o cabalo de Odín.[3]
Remove ads
Paralelismos e homólogos de Loki
Loki ten paralelismos en deuses e personaxes de diversas culturas. En certos aspectos, pode ser comparado con Lugh do panteón celta, asociados con habilidades múltiples e o desafío ás normas e categorías establecidas polos deuses.[4]
Tamén pode atoparse un paralelo con Hermes, na mitoloxía grega, pola súa capacidade para enganar aos deuses e a súa natureza astuta.[5] A historia de Loki pode ser comparada tamén co mito de Prometeo: ambas figuras son castigadas por desafiar aos deuses e sometidas a un castigo eterno.[6] Algúns fontes tamén vinculan a Loki con Saturno/Cronus, particularmente na era viquinga, onde a súa representación coma Saeter podería ser un intento de sincretismo ou interpretatio romana.[7]
Na mitoloxía polinesia, o semideus Māui é tamén un semideus tramposo que, a pesar de causar problemas aos deuses, frecuentemente o fai co obxectivo de beneficiar aos humanos.[8]
Remove ads
Na cultura popular
- Artigo principal: Mitoloxía nórdica na cultura popular.
Literatura, anime e BD
Loki aparece en animes e mangas como Kenichi, Matantei Loki Ragnarok, Boku Girl, High School DxD Born e Saint Seiya.
Loki é un personaxe na obra de Neil Gaiman The Sandman e en American Gods un criminal chamado «Low Key Lyesmith» revélase logo como Loki.
A novela curta Loki: Historia de un cambiante, de Manuel Escutia trata da vida de Loki segundo distintas versións da mitoloxía.[9]
Aparece na banda deseñada Thor de Marvel Comics.
Audiovisuais

É interpretado por Tom Hiddleston nos filmes de Marvel Thor (2011), Thor: the Dark World (2013), Thor: Ragnarok (2017), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), na serie de Disney +, Loki (2021 e 2023) e na serie animada What If...? (2021).
Na serie de TV Supernatural, o arcanxo Gabriel descende á terra e toma a forma de Loki ante o resto de deuses pagáns.
Na serie Stargate, un científico de la raza alienígena asgard chamado Loki era o responsábel de abducións de seres humanos para estudalos.
O filme The Mask trata sobre unha máscara que en realidade é o deus Loki desterrado por Odín de Asgard e convertido en máscara, facendo que o que a poña adquira poderes sobrenaturais. Aparece tamén no filme Shūmatsu no Valkyrie.
Xogos
É un personaxe dos videoxogos Smite, Persona 5, The Binding of Isaac, Warframe e God of War, e aparece nos xogos de cartas da franquía Yu-Gi-Oh!

Vulcanismo e astronomía
Existe un xigante de lume denominado Logi; debido á similitude na pronuncia, moitas veces é confundido con el e asóciase co lume. Richard Wagner presentou a Loki baixo o nome xermanizado de Loge na ópera Das Rheingold (O ouro do Rin).[10]
En Escandinavia, a estrela Sirius era chamada Lokabrenna, algo así como «a tea de Loki».[11][12][13]
Na lúa Ío, o satélite máis próximo a Xúpiter está o volcán Loki, o máis activo do Sistema solar.
O volcán Laki está situado no sur de Islandia, preto do canón de Eldgjá e a vila de Kirkjubæjarklaustur. Aínda que nalgúns contextos, Laki e Loki foron confundidos ou asociados pola súa similitude fonética e semántica, na realidade non está verificado que estean etimoloxicamente conectados. "Laki" en islandés pode provir de "fenda", ou, pola súa forma, dos estómagos de ruminantes.[14]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads