Vilameán, Nigrán, Nigrán
lugar da parroquia de Nigrán, no concello de Nigrán / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vilameán[1] é un lugar da parroquia de San Fiz de Nigrán no concello pontevedrés de Nigrán, na comarca de Vigo. Segundo o IGE[2] en 2022 tiña 1.472 habitantes (736 mulleres e 736 homes), o que supón un aumento respecto do ano 1999 cando tiña 865 habitantes. É o maior núcleo de poboación do concello.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilameán.
Datos rápidos Parroquia, Concello ...
Vilameán | |
---|---|
Casa do Concello de Nigrán. | |
Parroquia | Nigrán |
Concello | Nigrán |
Coordenadas | 42°08′35″N 8°48′23″O |
Poboación | 1.472 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Linda cos seguintes lugares da parroquia: Coa Angustia ao norte, coas Telleiras ao leste e con Canido ao suroeste; co lugar de Rans da parroquia de San Pedro da Ramallosa ao sur e coa Area Alta e co Carregal da parroquia de Panxón ao oeste e ó noroeste respectivamente.
En Vilameán atópase a casa do concello de Nigrán, como tamén o colexio público de primaria, CEIP Humberto Juanes.