From Wikipedia, the free encyclopedia
Viviane é unha vocalista portuguesa. A súa voz e cancións son moi características, pola forma como pronuncia o portugués, con sonoridades do seu francés natal. Forma parte da banda Entre Aspas e do proxecto Linha da Frente. Actualmente segue a carreira en solitario.
Nome orixinal | (pt) Viviana Parra Guerreiro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de maio de 1972 (52 anos) Niza, Francia |
Datos persoais | |
Outros nomes | Viviane |
País de nacionalidade | Portugal |
Actividade | |
Ocupación | vocalista , cantante |
Período de actividade | 1990 - |
Xénero artístico | Música pop |
Lingua | Lingua portuguesa |
Instrumento | Voz |
Viviane Farias naceu en Nice, Francia, mais mudouse a Portugal aos 13 anos.[1] Inicia a súa carreira musical en 1990, formando con Tó Viegas os Entre Aspas, editando cinco álbums.
En 2001 integra o proxecto colectivo Linha da Frente editando un álbum na editora Universal en 2002, ao lado de João Aguardela (Sitiados), Luís Varatojo, Dora Fidalgo, Janelo, Prince Wadada e Rui Duarte (Ramp).[2]
"O Sul" é un disco editado en 2003 co proxecto Camaleão Azul, que partilla con Tó Viegas, baseado na poesía do escritor Fernando Cabrita. Dese álbum é extraído o single "Nocturno III"
En 2005 chega á fin o grupo Entre Aspas. Viviane inicia a súa carreira en solitario co primeiro álbum titulado "Amores Imperfeitos", coproducido con Tó Viegas, gravado no seu propio estudio ZIPMIX no Algarve, con sonoridades en formato acústico.[3]
Regresa en 2007 cun traballo en formato acústico, co título homónimo de "Viviane" nun conxunto de once cancións en que se firma unha dialéctica enriquecedora entre as linguaxes universais do Fado e do Tango e co acordeón e a guitarra portuguesa como notas dominantes. Deste álbum xorde "Meu coração abandonado" coma single de presentación.
En 2009 integra o proxecto Rua da Saudade xuntamente con Susana Félix, Mafalda Arnauth e Luanda Cozetti, dando voz ás letras orixinais de Ary dos Santos no álbum Canções de Ary dos Santos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.