Voluta
elemento decorativo, en forma de espiral, nos ángulos do capitel xónico, de onde pasou a decorar outras estruturas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha voluta (do latín voluta, de volvere, dar voltas) é un ornamento en forma de espiral, característico do capitel xónico[1][2]. Posteriormente foron incorporadas nos chapiteis das columnas das ordes corintias e compostas. Normalmente se encontran catro volutas nos chapiteis xónicos, oito nos chapiteis compostos e versións máis reducidas (ás veces chamadas helix) nos corintios.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Voluta (homónimos).