Vox
partido político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014,[1] o seu presidente é Santiago Abascal e o seu secretario xeral é Ignacio Garriga. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita,[2] aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
VOX | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Santiago Abascal Conde |
Mocidades | Vox Jóvenes |
Filiación internacional | Foro Madrid |
Historia | |
Fundación | 17 de decembro de 2013 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo español Centralismo Unitarismo Populismo de dereita Liberalismo económico Conservadorismo Euroescepticismo Sionismo[Cómpre referencia] Monarquismo Catolicismo tradicionalista Antifeminismo Antiislam |
Posición política | Dereita a extrema dereita |
Representación | |
Concelleiros | 1.695 / 67.611 |
Parlamentos autonómicos | 118 / 1.268 |
Parlamento Europeo | 4 / 350 |
Congreso dos Deputados | 33 / 350 |
Senado | 3 / 266 |
Outros datos | |
Sede | C/ Bambú, 12, 28036 Madrid |
Publicación | La gaceta de la Iberosfera |
Na rede | |
voxespana.es | |
Pechar
Naceu grazas ó pulo de antigos militantes do Partido Popular;[3] entre eles Santiago Abascal Conde, José Antonio Ortega Lara, Jose Luis González Quirós, Enrique Álvarez, Cristina Seguí, Ana Velasco Vidal-Abarca, Ignacio Camuñas Solís, Iván Espinosa de los Monteros e María Jesús Prieto-Laffargue.[4]