filme de 1967 dirixido por Sergei Bondarchuk From Wikipedia, the free encyclopedia
Voyna i mir (en ruso: Война и мир) é un filme soviético co-escrito e dirixido por Sergei Bondarchuk. É unha adaptación cinematográfica da novela de 1869 Guerra e paz de Lev Tolstoi. O filme, estreado en catro partes entre 1966 e 1967, está protagonizado por Bondarchuk no papel de Pierre Bezukhov, xunto con Vyacheslav Tikhonov e Ludmila Savelyeva, que interpretan o príncipe Andrei Bolkonsky e a Natasha Rostova, respectivamente.
Voyna i mir | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Война и мир |
Director | Sergei Bondarchuk |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Guerra e paz de Lev Tolstoi |
Intérpretes |
|
Música | Vyacheslav Ovchinnikov |
Fotografía |
|
Montaxe | Tatiana Likhacheva |
Estudio | Mosfilm |
Distribuidora | Continental Distributing (USA) |
Estrea | 1966-1967 |
Duración |
|
Orixe | Unión Soviética |
Xénero | Bélico e drama |
Orzamento | 8 291 712 rublos soviéticos |
Recadación | 58 000 000 rublos soviéticos |
Na rede | |
O filme foi producido polos estudios Mosfilm entre 1961 e 1967, cun considerable apoio das autoridades soviéticas. Cun custo de 8,29 millóns de rublos soviéticos, foi o filme máis custoso xamais feito na Unión Soviética. Dende a súa estrea, converteuse nun grande éxito de audiencia, vendendo arredor de 135 millóns de entradas na Unión Soviética. Voyna i mir tamén gañou o Gran Premio do Festival Internacional de Cinema de Moscova, o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.