![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Sverigekarta-Landskap_V%25C3%25A4rmland.svg/langgl-640px-Sverigekarta-Landskap_V%25C3%25A4rmland.svg.png&w=640&q=50)
Värmland (landskap)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Värmland é unha provincia histórica sueca (landskap) no oeste do país e ao norte do lago Vänern, na rexión de Svealand. Orixinalmente a provincia pertencía a Götaland, cos bosques de Kilsbergen como fronteira natural con Svealand ao leste. Värmland pertence a esta última rexión dende o ano 1815.[1] O landskap é rico en lagos e bosques. A agricultura atópase principalmente nas chairas preto do Vänern e nos vales que se estenden na provincia. No ano 2021 Värmland tiña unha poboación de 322 010 habitantes.[2]
Datos rápidos Símbolo oficial, Localización ...
Símbolo oficial | Trientalis europaea (flores provinciais en Suecia) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Värmland ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 321.626 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12.813 km² ![]() | ||||
Pechar