Satélite de comunicacións experimental xaponés. From Wikipedia, the free encyclopedia
WINDS (acrónimo de Wideband InterNetworking engineering Demonstration Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kizuna, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de febreiro de 2008 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]
WINDS / Kizuna | |
---|---|
Lanzamento de WINDS. | |
Tipo | Comunicacións / experimental |
Organización | JAXA |
Destino actual | En órbita, fóra de servizo. |
Data de lanzamento | 23 de febreiro de 2008, 8:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | H-IIA[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Tanegashima[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostración tecnolóxica de comunicacións.[2][6] |
NSSDC ID | 2008-007A |
Masa | 2450,0 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.164 km[1] |
Inclinación | 0,0 graos[1] |
Apoapse | 35.805,2 km[1] |
Periapse | 35.782,7 km[1] |
WINDS foi un satélite de comunicacións xeoestacionario experimental lanzado para probar novos sistemas de banda larga en satélites, sendo capaz de transmitir con velocidades de ata 1,2 Gbps en banda Ka mediante dúas antenas multifeixe, un feixe cubrindo Xapón e o outro cubrindo varias cidades do sueste asiático. Tamén levaba a bordo unha matriz de antenas de fase activa (APAA, Active Phased Array Antenna) capaz de cambiar rapidamente a dirección do feixe de transmisión.[2][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.