From Wikipedia, the free encyclopedia
Walworth é un barrio do centro da cidade de Londres, no distrito de Southwark. Probablemente o seu nome deriva do inglés antigo "Wealhworth", que significaba granxa galesa. Atópase a 3,1 km ó sueste de Charing Cross e preto de Camberwell e Elephant and Castle.
As rúas principais en Walworth son Old Kent Road e Walworth Road.
Walworth aparece no Libro Domesday de 1086 como "Waleorde". Levado a cabo por Bainiard, o Arcebispo Lanfranc de Canterbury. Os seus activos segundo o Domesday foron: 3 ½ minifundios (hides), unha igrexa, catro arados , 8 acres (32.000 m 2 ) da pradeira.[1]
A “John Smith House” está en Walworth Road, e foi chamada así na lembranza de John Smith, quen foi líder do Partido Laborista dende 1992 ata a súa repentina morte en 1994. Foi a antiga sede do Partido Laborista, vista a miúdo nos informes de prensa en tempos de eleccións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.