Wayne Gretzky
From Wikipedia, the free encyclopedia
Wayne Douglas Gretzky, nado en Brantford, Ontario, o 26 de xaneiro de 1961 é un xogador e adestrador de hóckey sobre xeo canadense retirado. Xogo vinte temporadas na National Hockey League (NHL) con catro equipos entre 1979 e 1999. Alcumado "The Great One" ("O Grande"),[1] foi chamado "o mellor xogador de hóckey da historia" por moitos xornalistas, xogadores e a propia NHL.[2] Gretzky é o máximo anotador da NHL, con máis goles e asistencias que ningún outro xogador.[3] É o único xogador que logrou máis de 200 puntos nunha única temporada, feito que acadou en catro ocasións. Ademais, Gretzky superou os 100 puntos en dezaseis temporadas como profesional, catorce delas consecutivas. No momento da súa retirada en 1999, tiña 61 marcas da NHL.[2]