Widerøe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Widerøe's Flyveselskap AS, comercializado como Widerøe, é unha aeroliña norueguesa e a aeroliña rexional máis grande das que operan nos países nórdicos. A súa frota de 41 avións Bombardier Dash 8 serve a 41 destinos nacionais e 6 nacionais. Os servizos de obrigación pública a aeroportos rexionais son case a metade das operacións de Widerøe. O resto dos servizos son en aeroportos primarios no norte de Noruega e servizos dende os aeroportos de Sandefjord, Torp e Bergen, Flesland cara a outros aeroportos primarios, ademais dalgúns servizos internacionais dende Oslo-Gardermoen, Sandefjord, Kristiansand, Stavanger, Bergen e Trondheim.
Widerøe | ||
---|---|---|
IATA WF | OACI WIF | Indicativo WIDEROE |
Fundación | 19 de febreiro de 1934 | |
Plan de voo frecuente | EuroBonus | |
Frota | 41 | |
Destinos | 47 | |
Eslogan da compañía | Hele Norge. Hele tiden. | |
Sede | Bodø, Noruega | |
Páxina web: https://www.wideroe.no/ |
A compañía ten a súa oficina principal en Bodø, aínda que tamén ten un gran centro adminstrativo en Lysaker, no oeste de Oslo.[1] As súas bases principais están nos aeroportos de Sandefjord, Bodø, Tromsø, Bergen e Oslo-Gardermoen. As operacións de Widerøe céntranse en tránsitos punto a punto, aínda que a compañía esencialmente alimenta a outras aeroliñas de medio alcance e internacionais.
A aeroliña fundouse en 1934 e participou en varias actividades de aviación xeral. En 1936 Widerøe comezou a operar voos regulares con hidroavións e, dende 1940, tamén voos ambulancia. Durante os anos 40 e 50 a aeroliña aumentou as súas rutas de hidroavións e estableceu unha frota baseada en avións de Havilland Canada DHC-3 Otter e Noorduyn Norseman. Dende 1968 Widerøe comezou a voar a aeroportos pequenos construídos no norte e oeste de Noruega usando o DHC-6 Twin Otter, e posteriormente Dash 7. En 1989 Widerøe mercou Norsk Air e comezou servizos dende Sandefjord. Durante os 90 substituíu os seus avións polo modelo Dash 8. Nos 2000 foi mercada polo SAS Group e fíxose cargo das operacións de SAS Commuter no norte de Noruega. En 2010 Widerøe comezou a operar os servizos rexionais de SAS no oeste do país.