Wikipedia en sueco
edición da Wikipedia en lingua sueca / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Wikipedia en sueco (en sueco: Svenskspråkiga Wikipedia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua sueca, a cal comezou o 23 de maio de 2001.[1] É a terceira meirande Wikipedia en número de artigos, só por detrás da Wikipedia en inglés e da Wikipedia en cebuano, e ten unha profundidade de artigos de 11,91.[2] A maioría dos artigos foron creados polo bot Lsjbot, ou por ferramentas de software.[3]
Datos rápidos Tipo, Comercial ...
Wikipedia en sueco | |
---|---|
Logo da Wikipedia en sueco. | |
Portada da Wikipedia en sueco. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Sueco |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 23 de maio de 2001 |
Na rede | |
https://sv.wikipedia.org/ | |
Pechar
Esta versión da enciclopedia contén 2.584.998 artigos e 909.959 usuarios, dos cales 2.010 son activos.[4]