xogo de taboleiro de estratexia From Wikipedia, the free encyclopedia
O xadrez[1] é un xogo de estratexia que se practica normalmente entre dúas persoas nas que cada unha delas dispón de 16 pezas móbiles de diferentes formas e características (1 rei, 1 raíña ou dama, 2 alfis, 2 cabalos, 2 torres e 8 peóns) e que se colocan sobre un taboleiro cadrado dividido en 64 casas ou escaques nunha disposición cadrada de 8 x 8 e de dúas cores alternas, normalmente brancas e negras. O obxectivo é dar xaque mate («derrocar») ao rei do opoñente. Isto faise ameazando a casa que ocupa o rei con algunha das pezas propias sen que o outro xogador poida protexer ao seu rei interpoñendo unha peza entre o seu rei e a peza que o ameaza, mover o seu rei a un escaque libre de ameazas ou capturar á peza que o está ameazando, o que trae como resultado o xaque mate e o fin da partida.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Malia a que os xogadores compiten a nivel individual en diferentes torneos tamén existen competicións por equipos, sendo unha das máis importantes as olimpíadas de xadrez.
Na súa versión de competición,[2] o xadrez está considerado como un deporte.[3]
O xadrez é un dos xogos máis populares do mundo, practicado por millóns de persoas de maneira informal, en torneos (de afeccionados e profesionais), clubs, escolas, a través de Internet ou por correspondencia. Atópanse características de arte e de ciencia nas composicións xadrecísticas e na súa teoría, que abarca aperturas, medio xogo e finais, as fases en que tradicionalmente se subdivide o transcurso do xogo. Na terminoloxía do xogo, os xogadores son denominados xadrecistas. No xadrez, que é un xogo de estratexia e de táctica, non implica o elemento sorte, coa única excepción en canto ao sorteo das cores ao comezo do xogo (as brancas sempre fan o primeiro movemento) e é especialmente coñecido pola súa alta complexidade.
O xadrez é un xogo moi antigo, como pode deducirse da etimoloxía de moitos vocábulos empregados: enroque procede de roque, unha palabra sinónima de torre que xa non se usa; alfil (procede do árabe, onde 'al-fil significaba "o elefante"). As orixes máis probábeis do xogo son a Indo-Persa e a do Antigo Exipto.[5]
A súa importación a Europa veu da man dos musulmáns de Al-Andalus, moitos séculos antes da expulsión da Península Ibérica, e dos sarracenos pola Península Itálica.[6] Ao norte de Europa chegou a través dos normandos; as pezas de xadrez de Lewis son un conxunto de 93 pezas de xadrez atopadas na illa de Lewis, Escocia, tallados maiormente en marfil de morsa no século XII (Véxase reprodución en 3D no Brittish Museum [7]).
O rei Afonso VI de Galiza e León perdeu o reino de Sevilla nunha partida de xadrez contra Abenamar [8]. Afonso X o Sabio era xogador afeccionado e escribiu o tratado máis antigo de Europa sobre o xogo, en 1284.[9]
As relacións de valor e movemento entre as pezas amosan claramente unha transposición da estrutura medieval feudal: a peza máis importante, a que hai que derrotar é o rei; a raíña ten os movementos máis ilimitados; os cabalos e os "elefantes" eran daquela elementos de ataque e a torre é un trasunto do castelo defensivo; os peóns son a infantaría. Suxeriuse que os movementos da raíña ou dama foron mudados a finais do século XV ou principios do XVI por Isabel a Católica.[6]
Este potencial foi explotado no século XX polos países do Pacto de Varsovia, que o utilizaron intensivamente nos seus sistemas educativos como método tanto de ensino e incentivación como logo para a propaganda política dos éxitos acadados no xadrez[10]. O certo é que os rusos crearon escola, e son ben coñecidos personaxes coma os campións mundiais Garry Kasparov e Anatoli Karpov.
A Federación Galega de Xadrez (FeGaXa) xurdiu na primeira década do século XX, aínda que a actual Federación naceu tras o proceso unificador, nunha reunión celebrada en Lugo, en 1984. A Asociación Galega de Xadrecistas naceu en 1989.
O xadrez é un xogo cunha orixe milenaria e polo tanto é un deporte moi establecido, cunhas regras claras, definidas e marcadas, que mesmo ten os seus propios rituais. De tódolos xeitos, para comezar a iniciarse no xadrez, debe ser a un nivel máis afeccionado. Neste caso é habitual obviar algunhas das regras máis complexas ó principio para ilas aprendendo ós poucos. Isto provoca a miúdo discusións pola diferenza de criterio, co cal é un moi bo consello aclarar e establecer cales son as regras propias que se van aplicar nesa partida ou entre determinados participantes (isto é moi habitual cando se lles ensina ós cativos, dependendo do nivel ó que se xogue).
O taboleiro de xadrez ten dous eixos de simetría diagonais, pero non ten simetría con respecto ás súas medianas, debido a que, dos catro currunchos do cadro, dous son brancos e dous son negros. A colocación establecida para o taboleiro é aquela na que o xogador que vaia xogar coas pezas brancas teña o curruncho máis próximo da súa dereita de cor branca. Unha vez situado así, e dende a perspectiva do xogador das pezas brancas, pode identificarse cada cela mediante unha notación axeitada de ringleiras e columnas.
A colocación das pezas faise na parella de ringleiras máis próxima a cada participante: na penúltima colócanse os 8 peóns e na máis achegada ós xogadores colócanse as pezas simetricamente consonte a seguinte orde dende os extremos: torre (as dúas dos extremos), alfil e cabalo. Nas dúas posicións internas que faltan haberá que colocar a raíña sobre a casa que ten a mesma cor que a peza e o rei na outra (e así dise "(raíña) negra sobre (posición) negra e branca sobre branca").
As pezas só se poden tocar para poñelas na súa posición inicial ou para ser movidas (o famoso "peza tocada, peza xogada"): en caso contrario, no que se estableza contacto para colocalas no taboleiro, debe dicirse "Compoño", polo menos nas competicións oficiais.
Para comezar coa partida, as primeiras pezas que se moven son as do xogador que utiliza as brancas. O movemento das pezas tamén indica cales son as celas "dominadas" e as pezas contrarias que pode capturar, pois son as que se atopan no final da súa traxectoria de desprazamento (agás os peóns):
De entre tódalas pezas, nas anteriores pódese capturar nas casas que domina pero non na seguinte:
Os ataques poden clasificarse fundamentalmente en tres tipos, segundo
Pódense diferenciar principalmente 5 grandes grupos de aperturas segundo as estruturas de peón resultantes:
Na apertura, o emprego do gambito, que consiste no movemento dun ou varios peóns, menos frecuente doutras pezas, para ofrecer material ao adversario ben a cambio dun desenvolvemento rápido de pezas e dun dominio das casas centrais, ben do inicio dunha ofensiva relampo sobre o rei.
Obter columnas abertas e filas abertas: denomínanse así as columnas e as filas nas que non hai peóns de ningún dos bandos.
Chámaselle final á situación na que quedan moi poucas pezas no taboleiro e só existe a posibilidade dun gañador (cunha estratexia de ataque que só pode ser unha determinada) ou ben táboas por movementos. As posibles combinacións de pezas nos resultados destes finais están estudados e os principais son os seguintes:
- Final de rei (contra rei): invariablemente táboas;
- Final de dama e rei (contra rei): a dama debe levar o rei a un lateral, cubrir o escape do rei perdedor co rei gañador e facer xaque antes de afogalo;
- Final de rei e torre (contra rei): igual que coa dama;
- Final de rei e dúas torres (contra rei): as torres poden derrotar o rei solitario varrendo consecutivamente as columnas ou ringleiras dende o lado do taboleiro oposto ó rei perdedor;
- Final de rei e alfil (contra rei): invariablemente táboas;
- Final de rei e dous alfís (contra rei): o rei solitario debe ser levado ata un curruncho e alí arrastralo por un corredor delimitado polo bordo do taboleiro e o rei atacándoo cos alfís, evitando o afogado;
- Final de rei e cabalo: indefectiblemente táboas;
- Final de rei, torre e alfil: aproveitando as columnas abertas, debe empuxarse a un lateral o rei solitario coa axuda da torre e do seu rei, mentres o alfil colabora ou se mantén á marxe (co cal o final convértese nun de rei e torre);
- Final de rei, torre e cabalo: a única complexidade vén dada polo perigo de afogar ao rei contrario, polo que convén manter ao cabalo afastado deste.
- Final de rei, cabalo e alfil (contra rei): O mate máis difícil do xadrez.
Na actualidade existe unha importante investigación psicolóxica do xadrez. Un dos feitos mellor establecidos é que aínda que o xadrez é amplamente considerado o mellor exemplo de actividade intelectual entre os xogos, existe moi pouca evidencia entre capacidades cognitivas concretas e a pericia no xadrez. Aínda que existe unha débil correlación entre intelixencia e pericia no xadrez entre os nenos que están a aprender, dita correlación non existe cando consideramos grandes mestres ou nenos altamente talentosos para o xadrez.[11] O factor que explica mellor o desempeño xadrecístico é o número de horas de práctica. Con todo é evidente que este é un xogo/deporte destacadamente intelectual debido a que require concentración, cálculo, capacidade de análise, e é ben coñecido que abundan altísimos cocientes intelectuais entre os xogadores de primeira fila mundial. Algúns estudos suxiren que os grandes mestres son capaces de almacenar entre 10 mil e 100 mil “fragmentos”[12] ou posicións de taboleiro xadrecisticamente relevantes, aínda que simulacións por computador estiman este número en 300 mil.[13][14]
Outro aspecto, menos estudado, é o da personalidade dos xadrecistas. Un estudo que comparaba 219 nenos que xogaban ao xadrez con outros 50 que non o facían, cuxos trazos de personalidade foron clasificados de acordo co Test de personalidade dos cinco grandes («O»: Apertura a novas experiencias, « C»: Responsabilidade, «E»: Extroversión, «A»: Amabilidade, « N»: Neuroticismo), suxería que era máis probable que os nenos con alta puntuación nos factores «O» e «E» fosen xogadores de xadrez. Os nenos homes que puntúan máis alto no factor «A», están menos interesados no xogo. Iso podería explicar por que as nenas, que xeralmente puntúan máis alto no factor «A», están en xeral menos interesadas no xogo. Outro estudo realizado en estudantes universitarios menciona que, aquelas persoas cuxa personalidade élles pracenteiras a procura e experimentación de sensacións novas e fortes, sentense moito máis atraídas polo xogo que aquelas que evaden esas sensacións, sen importar o sexo.[15] Con todo, os estudos non detectaron ningunha correlación entre os trazos de personalidade e a pericia xadrecística dun xogador.
|
|
A práctica do xadrez en Galiza está regulada pola Federación Galega de Xadrez, que organiza tódolos anos a Liga Galega de Clubs.
No sitio de xogo chess.com, a maior comunidade on-line de xadrez do mundo[16], o equipo Team Galicia representa a Galiza nos campionatos de xadrez en todas as variantes e modalidades.[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.