Os xenes activadores da recombinación (RAG, do inglés Recombination-activating genes) codifican encimas que desempeñan un importante papel no rearranxo e recombinación dos xenes das inmunoglobulinas e as moléculas dos receptores de célula T, aínda que non hai probas que indiquen que na célula T inmunitaria en desenvolvemento se poida producir unha edición do receptor do mesmo tipo que nas células B. Existen dous produtos xénicos do xene activador da recombinación, chamados proteínas RAG, que son RAG1 e RAG2, cuxa expresión celular está restrinxida aos linfocitos durante diversos estados do seu desenvolvemento. Tanto RAG1 coma RAG2 son esenciais para a xeración de linfocitos B e T maduros, dous tipos celulares que son compoñentes esenciais do sistema inmunitario adaptativo.[1]
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar
Datos rápidos Identificadores, Símbolo ...
Pechar